Un home falece en Malpica baixo o seu tractor

10:00 07/06/13

A verdade é que o número de accidentes co tractor na Costa da Morte é realmente sorprendente. Pois onte, un veciño de Malpica, de 69 anos, perdía a vida ao volcarlle o tractor no que traballaba, nunhas pistas preto ao faro de Punta Nariga, na parroquia de Barizo.
Efectivos de Protección Civil, Policçia Local, Guarda Civil, o alcalde e numerosso veciños acodían ao lugar do suceso.
Accidentes semellantes na Costa da Morte
- 18-06-12: Un veciño de Muxía falece baixo o seu tractor.
- 14-04-11: Morre un veciño de Dumbría atrapado baixo o seu tractor.
- 20-06-10: Un home queda atrapado no seu tractor na Redonda.