Sae ilesa do incendio do seu coche en Fisterra
09:34 18/07/13
Saía de casa co seu vehículo e de súpeto, o coche comezaba arder no medio da AC-440 que une Fisterra e Corcubión, a altura do cruce de Mallas, no termo municipal Fisterra. A moza, natural de Sardiñeiro, conseguía saír do vehiculo pero non puido evitar que en apenas uns minutos o vehículo quedase totalmente calcinado.
Ao lugar chegaban membros de Protección Civil, Policía Local de Fisterra, os Bombeiros de Cee, así como os antiincendios do Grupo V, que rapidamente inverviron para que o lume non se propagase polo monte.
Afortunadamente todo quedou nun susto.
Novas relacionadas
- 05-04-13: Dúas mulleres son trasladadas ao Hospital tras un incendio nunha casa de Frixe.
- 28-06-13: Falece unha muller ao incendiarse a súa casa en Muxía.
- 07-06-13: Un home falece en Malpica baixo o seu tractor.
- Cee e Vimianzo poden despedirse do Grumir.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Información e fotos de Darío Gómez Fotografía.