Unha veciña de Fisterra gaña 6.000€ nun doble boleto premiado da ONCE

Manuel Canosa Lires reparte a ONCE por Fisterra

Bo día por Fisterra. o vendedor ambulante da ONCE. Manuel Canosa Lire, repartiu dous boletos premiados do sorteo ‘Mi Día’ da ONCE. Unha veciña do lugar, duns 40 anos, saíu doblemente premiada no sorteo do venres, 19 de setembro., levando dous boletos premiados con 3.000 euros cada un, gracias á data favorita dos acertantes. 

"Foi unha casualidade, porque o premio superior dese xogo son 3.000 pero enganeime ao facerlle dúas datas distintas, e despois fíxenlle os dous boletos e saíron os dous premiados", relata Manuel. "Por unha vez que fixeches ben, oh!", agracíalle a premiada, unha desas persoas que xoga ben, constantemente, coa ilusión colaborar coa ONCE e de ter un pico de sorte. Un pico que axudará a pagar o coche novo, sen dúbida, tendo en conta que os premios das lotarías, ata os 40.000€ están exentos de IVE e son cobrados integramente. 

 "Había de ser 6 millóns de euros", suspira Canosa!