Martes. 08.10.2024
El tiempo

Sempre toca en Santa Comba

Sempre toca en Santa Comba

Quere ser millonario? Aposte en Santa Comba, a Sort galega.

O Bar Sunday e  administración de Loterías Marcelino e Merceditas de Rafael, unha das culpables de todos os premios de Santa Comba O Bar Sunday e administración de Loterías Marcelino e Merceditas de Rafael, unha das culpables de todos os premios de Santa Comba
  Santa comba trae sorte e millons Numerosos premios nas administracións xalleiras

Podería ser o eslogan dun anuncio publicitario municipal, facendo da Terra do Xallas a capital do “turismo loteiro” nacional. I é que nos últimos 16 anos, máis de 54 millóns de euros caeron no concello xalleiro en forma de xogos de azar. Neste 2016 non falla tampouco a vila xalleira pois Santa Comba empeza o ano cun novo premio do cupón da once.

Así nolo conta José María Suárez, técnico municipal, que recoñece que “a capital do Xallas ten un imán acreditado para todos os xogos do azar. “Nada se lle resiste a Santa Comba neste tipo de xogos. Cupón da Once, Lotería Nacional, Euromillones, Primitiva, o Gordo… todos eles viaxaron, en máis dunha ocasión á capital xalleira para facer novos millonarios da noite para a mañá.

Na zona hai xa un ruxeruxe sobre este feito, que non pasa desapercibido para uns veciños que o entenden como “un fenómeno de sorte inexplicable”. 7 premios Gordos do Cupón, un 2º Premio da Lotería Nacional, o Gordo da Primitiva en máis dunha ocasión, varios premios de Euromillones, entre eles o máis cuantioso de Europa (aínda que non foi selado no municipio, o agraciado si reside no pobo)… dan conta desta mística realidade.

 

A sorte do Patrón, da Santa Comba ou de Xesús?

Figura de Santa Comba na rotonda da Avda Santiago Figura de Santa Comba na rotonda da Avda Santiago

O ruxeruxe dá para moito. “Uns están convencidos de que quen atrae a sorte ao municipio, é o patrón do mesmo, San Pedro. De feito un dos premios tocou en plena celebración das festas na súa homenaxe. Outros, a que “Manolo, o do Cupón”, retirado en 2013 con máis de 30 millóns repartidos, comezou a súa actividade un día 1 de novembro, día de todos os santos.

Outros llo atribúen a Pepe Toja, alcalde do momento, por decidir durante o seu goberno colocar na rotonda da avenida de Santiago a mediados dos anos 90 unha figura da Santa Comba, cando antes ninguén se acordou dela.

E outros lémbranse ata do mesmísimo Xesucristo que, “segundo a lenda, cando se decatou de que unha terrible meiga, de nome “Comba” (desas que chupaban o sangue aos nenos, roubaban ollos para a confección de pomadas, mataban vellos, botaban o mal de ollo, participaba en aquelarres bicando o traseiro do macho cabrío, que se daba á bebida e abandonábase ao fornicio máis desenfrenado nas noites de San Juan e San Silvestre,) abordouna nun camiño galego, e esa bruxa que chegou a ser patroa das bruxas galegas e a máis recoñecida de toda Galicia, optou por converterse ao cristianismo, sendo posteriormente martirizada pola súa fe, e aínda que a igrexa nunca recoñeceu a súa santidade converteuse en Santa Popular, ata coñecerse na actualidade como Santa Comba, tendo tras de si un halo de misterio e maxia e aínda moitos datos por coñecer”.

Sexa como for, apostar en Santa Comba nos xogos de azar, é facelo con máis posibilidades de premio que en calquera outro lugar de España, e aos feitos remitímonos. Nin sequera Sort, famoso municipio do pirineo de Lleida polos seus premios da lotería de Nadal, repartiu tantos premios de tan variados xogos de azar, como a capital Xalleira.

 

Ducias de premios

A administración de loterías de “Marcelino e Merceditas de Rafael” repartiu cuantiosos premios nos últimos anos. Entre os máis importantes destacan o segundo premio da Lotería Nacional do 4 de setembro de 1999 co número 73.027. Os 2.038.000 de euros (339 millóns de ptas) do gordo da primitiva do 14 de xullo de 2002, os 90.124 euros da lotería primitiva do 15 de xullo de 2006 que con cinco acertos e o complementario foi a parar a mans dun novo estudante, ou o primeiro premio da lotería nacional do 21 de febreiro de 2008 co número 89.697.

Aquí vai un repaso:

ANO CUPON ONCE LOTERIA  PRIMITIVA LOTERIA  NACIONAL EUROMILLON BONOLOTO
2000 1.500.000,00 €
2001 300.000,00 €
2002 84.000,00 € 2.038.000,00 €
2003 3.257.000,00 € 300.000,00 €
2004
2005 120.000,00 € 45.000.000,00 €
2006 350.000,00 € 90.124,00 €
2007
2008 146.618,00 € 600.000,00 €
2009 280.000,00 €
2010 105.000,00 € 303.894,00 €
2011
2012 69.309,00 €
2013 55.996,00 €
2014 100.000,00 € 30.024,00 €
2015 603.407,00 €
2016 35.000,00 €
6.011.000,00 € 2.400.047,00 € 1.623.407,00 € 45.303.894,00 € 30.024,00 €
TOTAL:  55.368.372 €

Ano 2000

  • CUPÓN ONCE: No ano 2000, un veciño adquiriu no Bar Pive o cupón da Once ganador do venres, terminado en 7 e premiado cuns 250 millóns de pesetas (1,5 millóns de euros). Un veciño ligado ao sector das panaderías adquirira o cupón ganador no Bar Pive, local hostelero situado na céntrica Avenida Alfonso Molina.

Ano 2001

  • CUPÓN ONCE: No verán do 2001, as festas patronales de San Pedro comezaron cun día de antelación, cando se coñeceu que numerosos veciños do municipio tiñan un cupón da Once premiado do número 68.897. En total foron 10 os cupones que o “cuponero” José Luís Campaña vendido, nuevamente, entre os clientes do Bar Pive, repartindo 50 millóns de pesetas (300 mil euros) en premios.

Ano 2002

  • CUPÓN ONCE: No ano 2002 chega ao municipio un novo vendedor do cupón, Manuel Rodriquez Igrexas. Faio repartindo 14 millóns de pesetas (uns 84.000 euros) en 15 cupones terminados en 49.
  • LOTERIA PRIMITIVA: Ao mesmo tempo a administración número 1, situada na rúa Xosé Ferrer, despachó unha primitiva de 2.038.000 de euros (339 millóns de ptas) do gordo da primitiva do 14 de xullo de 2002.

Ano 2003

    CUPÓN ONCE: En marzo de 2003 a choiva de euros volveu ao municipio. Era un mércores, e a deusa fortuna repartiu 33.000 euros por cupón, máis a serie premiada, a 026, dotada con 300.000 euros. Un total de dous millóns de euros en 55 cupones do número 57.623. Todos vendidos, nuevamente, por Manuel Santos Vázquez “Manolo do cupón” entre numerosos veciños, e cinco décimos entre os clientes e propietarios do Restaurante Molesón e do Bar Maneiro da parroquia da Pereira. Manolo xa repartira catro anos antes, máis de dous millóns de euros do antigo cupón dos venres.
  • Nove meses despois xa se achegaban a festas de Nadal, era o mes de decembro de 2003, e “a fortuna dos cejos”, e a de “Manolo do cupón” non querían deixar ao municipio sen un premio en Nadais, polo que levaban á capital do Xallas 1.257.000 euros en premios, repartidos en 30 cupones do número 12.108. Deles, 29 boletos, premiados con 33.000 euros, máis un que tamén contaba coa serie 21 que obtivo 300.000 euros do Cuponazo. Tamén neste premio a maior parte do reparto de boletos fíxose a través da hostelería, mayoritariamente nos locais Bar Bergantiños, Mesón Suárez, que anteriormente xa repartira outro premio da Once e A Nosa Taberna, que tamén sete meses antes repartira 300.000 euros da Lotería Nacional.
  • LOTERIA NACIONAL. O local hostelero A Nosa Taberna reparte 300.000 euros da Lotería Nacional.

Ano 2005

  • EUROMILLONES: En 2005 foi tamén famoso o caso do maior premio, no seu momento, do Euromillones en toda Europa, que aínda que o agraciado é natural do veciño municipio de Zas, e foi nese municipio onde selou o boleto, levaba e leva residindo en Santa Comba desde fai moito tempo. Foi ademais, unha sucursal bancaria de Santa Comba na que se depositou a totalidade do premio, un total de 45 millóns de euros.
  • LOTERIA NACIONAL: Pero ao mesmo tempo a administración número 1, situada na rúa Xosé Ferrer, rapartió 120.000 euros da lotería nacional no 2005.

Ano 2006

  • CUPÓN ONCE: A fortuna da Once visitou o municipio en tres ocasiones. A última o xoves 2 de novembro, a través do repartidor José Gerpe Estévez coñecido como “Tonecho ou Fran de Guisande”, que desde o seu punto de venda habitual no Centro de Saúde repartiu 350.000 euros en 10 cupones de 35.000 euros de premio cada un por medio do número 26.016.
  • LOTERIA PRIMITIVA: No ano 2006, 90.124 euros foron a parar a mans dun novo estudante, por medio dun boleto da lotería primitiva do 15 de xullo de 2006 agraciado con cinco acertos máis o complementario.

Ano 2008

  • LOTERIA NACIONAL: No ano 2008 o primeiro premio da lotería nacional do 21 de febreiro repartiu en Santa Comba 600.000 euros do número 89697. A administración número 1, situada na rúa Xosé Ferrer 7 (Bar Sunday), o de Marcelino e Merceditas, despachó vinte décimos premiados con 30.000 euros cada un.
  • LOTERIA PRIMITIVA: A mesma administración, e por medio dunha aposta automática para o sorteo do sábado 28 de outubro, resultou premiado un boleto no sorteo da Lotería Primitiva. Os cinco acertos e o complementario supuxeron un premio en metálico de 146.618 euros, uns 24,5 millóns das antigas pesetas para o afortunado posuidor do boleto. Descoñécese si o afortunado foi algún veciño de Santa Comba, alrededores ou visitante.

Ano 2009

  • CUPÓN ONCE: No ano 2009, concretamente o martes de 2 de xuño de 2009 o cupón da Once repartiu 280.000 euros entre os veciños do municipio de Santa Comba. O axente vendedor, Manuel Santos Vázquez, “Manolo do Cupón”, vendeu oito cupones premiados cada un deles con 35.000 euros. O número ganador, ademais de en Santa Comba, vendeuse tamén nas cidades de Granada e León, e nas localidades canaria de Inca e na murciana de Cieza.

Ano 2010

  • EUROMILLON: No ano 2010 a fortuna volveu a Santa Comba en forma de boleto de tres casillas cuberto a man. Era agraciado con 303.894 euros, un dos cinco premios españois de segunda categoría no sorteo do euromillón do 14 de abril de 2010.
  • CUPÓN ONCE: Do mesmo xeito que sucedeu co maior premio, no seu momento, do Euromillones, a fortuna de Santa Comba non sempre chega en forma de xogo de azar vendido ou selado no municipio. Así sucedeu o venres 10 de decembro de 2010, data na que sete boletos do cupón da Once do número 25.613, premiados a razón de 35.000 euros cada un foron vendidos no veciño municipio de Coristanco, concretamente no lugar de Erbecedo. Polo menos tres deses cupones premiados, 105.000 euros en total viñeron para Santa Comba, adquiridos por veciños da parroquia de Castriz. Anos antes unha empresa de autobuses radicada no municipio organizaba unha viaxe a Sevilla. De recordo da capital hispalense trouxéronse uns décimos premiados cun pellizco da lotería de Nadal.

Ano 2012

  • LOTERIA PRIMITIVA: No ano 2012, a lotería primitiva do 27 de Xullo de 2012 deixaba no municipio 69.309 euros.

Ano 2013

  • LOTERIA PRIMITIVA: Chega o 2013, e o 28 de abril o sorteo do Gordo da Primitiva deixou no municipio un premio de 55.996 euros grazas a un boleto con cinco acertos da combinación ganadora, formada polos números 18, 23, 27, 38 e 51.

Ano 2014

  • CUPÓN ONCE: Menos dun ano despois do último premio caído no municipio, Esther Pías Couso, e desde o seu posto habitual no Centro de Saúde reparte 100.000 euros do sorteo do cupón da Once do 23 de febreiro de 2014. Faio por medio de cinco cupones de 20.000 euros cada un, entre clientes habituais que adoitaban adquirir un número fixo. Era o primeiro premio importante que a vendedora de cupones repartía no municipio.
  • BONOLOTO: Nove meses despois, concretamente o 4 de novembro de 2014, e por medio do sorteo 175, unha bonoloto de cinco acertos máis o complementario deixa no municipio outros 34.024 euros. Un boleto vendido no punto de venda múmero 30595, que non é outro que a administración de Marcelino e Merceditas de Rafael.

Ano 2015

  • LOTERIA NACIONAL: No ano 2015 caían no municipio dous premios da Lotería Nacional. O primeiro premio do sorteo 47/15, da Lotería Nacional do 11 de Xuño de 2015, no décimo número 51.620. O 10 de Setembro a Lotería Nacional deixaba no municipio parte do segundo premio, que correspondía ao número 60.518. Ademais de en Santa Comba (A Coruña), vendíase en Roquetas de Mar (Almería), Orihuela (Alacante), Sotalbo (Ávila), Areatza (Vizcaya), Cadaqués (Gerona), Sahagún (León), Getafe (Madrid), Tordillos (Salamanca), Santa Cruz de Tenerife e Bocairent (Valencia). Durante este 2015 a administración de Merceditas de Rafael, situada na rúa Xosé Ferrer 7 (Bar Sunday) repartiu un total de 603.407 ?uros (tres premios por importe de 349.537€, 223.226€ e 30.644 €).

Ano 2016

En plena Semana Santa do ano 2016, o día de Xoves Santo, o cupón da Once deixa no municipio un décimo premiado con 35.000 euros.

 

Manolo do Cupón

Manolo o do Cupon de Santa Comba-Foto-El Correo Gallego Manolo o do Cupón -Foto-El Correo Gallego

Aínda que en Santa Comba hai na actualidade dúas administracións de loterías (rexentadas pola mesma familia) e polo menos cinco repartidores diarios do cupón, hai un que destaca a nivel nacional, por encima de todos. Non é outro que Manuel Santos Vázquez “Manolo do cupón”, e a agora xa jublidado. Segundo datos oficiais que fai uns anos publicaba a desaparecida delegación da Once de Carballo, de onde dependían os vendedores de Santa Comba, Manolo repartiu contorna aos 30 millóns de euros (5.000 millóns das antigas pesetas) en premios durante uns 18 anos (comezou a vender en Santa Comba no ano 1.985), dos cales sete foron premios gordos. Manolo chegou a encabezar o ranking de vendedores do cupón en toda Galicia, cunha venda media duns 600 cupones diarios, excedendo o milleiro no caso dos venres, incluso competindo con vendedores das grandes capitais de provincia como Madrid ou Valencia.

Ademais no caso de Santa Comba, non se pode dicir o devandito de que “os cartos arriman os cartos”, xa que a práctica totalidade dos premios foron a parar a xente humilde e traballadora como un dono dun taller de motos, un cocinero, un estudante, varios obreiros da construción, un cura, o dono dunha panadería, o chofer dunha ferralla, varios hosteleros, un taxista, un extrabajador municipal, o pai dun concelleiro, un emigrante retornado, empregados de banca e ata varios parados.

 

Santa Comba, parada obrigada

Santa Comba xa colleu fama nisto dos xogos de azar e segundo diversas fontes consultadas do sector da hostelería, son numerosos os camioneros, viajantes, comerciais, constructores, ganaderos, así como xente da zona dá Costa da Morte que aproveitan o seu paso por Santa Comba para comprar o cupón e lotería ou selar os seus boletos de apostas do Estado. Tamén hai constancia de xente que reside noutros municipios, e aproveitando a súa relación laboral esporádica ou temporal co pobo, forman parte de penas de Santa Comba, e ata de penas doutros municipios que encargan expresamente a compra do cupón e selado de boletos na capital xalleira.

E ollo cos sorteos

Pero Santa Comba non só ten sorte nos xogos de azar, tamén diversos premios de sorteos realizados por marcas comerciais viñéronse para Santa Comba. Como exemplo temos o Ferrari Mondial cabriolet que nos anos 80 sorteou unha importante marca de moda nacional e que veu parar a unha veciña de Santa Comba por medio dunha tenda de moda do momento. No 2012 sucedeu algo similar con outra veciña do municipio que foi agraciada cunha viaxe aos Angeles que sorteaba unha coñecida multinacional do automóbil entre os compradores dun dos seus modelos.

 

Novas relacionadas

Fonte

LISTADO DE PREMIOS EN SANTA COMBA

Comentarios