Un verán de festa en Fisterra

Menudo tridente de festas que se nos veñen enriba en Fisterra para estas vindeiras fins de semana co que se despide a saínte Concellería de Cultura dirixida por Teresa Fdez..

Primeiro toca o San Xoán de Sardiñeiro. Xa este venres 24 teremos sardiñada e nada menos que El Combo Dominicano para celebrar a noite máxica.
O sábado 25 completo programa ao longo do día e verbena coa Ciclón, e para o domingo 26, mañá litúrxica.

Para a seguinte finde, o venres 30 de xuño, sábado 1 e domingo 2 de xullo, chega o Fisterra Blues Experience. Será unha completa fin de semana de música de raíces e un feixe de actividades paralelas.

E completa o tridente, outra das citas do verán fisterrán: O Entroido de Verán. O sábado 8 de xullo a vila disfrazarase ao ritmo dos Rapacollóns, cunha marea de música, o pregón de Marta Doviro, os Broken Peach en concerto, o gran desfile e a batucada local por excelencia.