Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Fisterra Blues Experience volve ca súa 7ª edición

CARTAZ FISTERRA BLUES 2023 copia
O Fisterra Blues Experience volve ca súa 7ª edición

Os próximos 30 de xuño, 1 e 2 de xullo, a vila da Fin do Mundo albergará a VII edición do Fisterra Blues Experience. O evento  contará con recoñecidos nomes do blues galego e internacional, xunto outros xéneros musicais, ademais dun feixe de diferentes actividades que transformarán os espazos da localidade fisterrá durante toda a fin de semana.

O festival convértese nun camiño no que atoparse coa arte, con actividades na Praza da Foliada frente a Praia Langosteira, no Parque de San Roque e en diferentes espazos da vila ata rematar no Faro.

Entre as primeiras confirmacións está o compostelán e residente en Berlín, Marcos Coll, un dos nomes máis reputados no mundo da armónica blues, que presentará o seu proxecto NÓMADE en colaboración co guitarrista alemán Stef Rosen. Tamén atopamos ao trío gaditano La Perra Blanco, formación que aposta pola música americana dos anos 50, e ao mestre da slide-guitar, o estadounidense Luke Winslow-King, acompañado dunha banda de experimentados músicos entre os que destaca o organista e mestre do Hammond, Charles Hodges.

Acompañan este cartaz o bluesman compostelán Adrián Costas, acompañado polo seu maquineto, o rocksteady dos galegos Madame Bird, o electrizante Hill Country Blues dos Mojo Mantra, e o mellor soul de toda Francia coa presenza de Alexis Evans, músico anglofrancés recoñecido como unha das grandes promesas e xa presencias do soul europeo.

Completan as confirmacións a recente formación compostelá Malabesta e os galegos David Regueiro & Monica Acevedo, cunha formación especial para a ocasión. Animando as rúas, estarán o grupo de Dixie Funk Brass Atlantic e a local Rapacollon’s Big Band.

A programación completarase con outras actividades aínda por anunciar coma roteiros, obradoiros, xogos tradicionais, futbolíns, espectáculos de comedia e poesía, DJ’s e un Mercado de Artesanía e Deseño no centro da vila.

Comentarios