1ª Galicia: O Xallas protagoniza a xornada dos derbis

11 do Xallas nun dos últimos partidos

Foi o Xallas o gran protagonista desta xornada na que eran os derbis os grandes focos de atracción. O cadro xalleiro venceu en Negreira, ante o segundo clasificado ao que non deixa escapar ao tempo que recupera 3 posicións e se coloca 4º, a unha praza dos postos de promoción.

Nesa loita pola promoción seguen Dumbría e Soneira. Os dumbrieses demostraron estar un punto por riba do Baio, mentres que o Soneira non puido sacar máis que un empate na súa visita a Esteiro no outro derbi da xornada.

Derrota mala do Mazaricos ante un rival directo que puido ter deixado moi atrás.

 

Baio - Dumbría (0-2)

  • Baio: Bugy, Pablo Rod., Norberto, Pablo Dom., Ceide, Pazos, Aitor, Peke, Bieito, Braian, Santiso. Tamén: Iago, Aday, MC, Iván García e Julián.

  • Dumbría: Anxo, Dani Chao, Pablo Paz, Raúl Añon, Kanario (Sendón), Brais Fdez, Lucas, Mario (Code), Darío (Yerva), Xabi (Rivi) e Diego Estévez.
  • Golers: 0-1, m.5: Estévez; 0-2, m.71: Rivi.

Merecida vitoria dumbriesa na súa visita ao Platas Reinoso nun encontro algo estrano. Adiantouse rápido o cadro de Pablo Conde, de novo co pichichi da categoría, Estévez, afinado. Pero o Baio reaccionou e foi tendo bos momentos de control da posesión, sen demasiada profundidade.