Xoves. 02.05.2024
El tiempo

1ª Galicia: 3 penaltis parados, 3 puntos de Fontenla

Xallas-Mazaricos-Foto-Luis Gonzalez 1
Imaxe do Xallas-Mazaricos-Foto-Luis González
1ª Galicia: 3 penaltis parados, 3 puntos de Fontenla

Ata 3 penaltis parou Pablo para que o Mazaricos levase os 3 puntos de Fontenla. Foi unha das, relativas, sorpresas da xornada, permitindo que o cadro amarelo mire os postos de descenso (que marca o Baio que non fallou ante o pechacancelas rompendo unha serie fatal de resultados) a 4 puntos, e provocando que o Xallas caia ata a 8ª praza pero aínda metido de cheo na loita pola promoción.

Unha promoción na que se quedan Dumbría e Soneira. Puido meterse na loita polo título o cadro Soneirán, pero a inxusta derrota ante o líder, deixa ao Cidade de Ribeira a 14 puntos. Pola súa parte os dumbrieses mantiveron un empate ante o 2º, Negreira.
Importante tamén o punto colleitado pola Esteirana en Tordoia, para seguir mantendo distancias co grupo de descenso.

 

Xallas - Mazaricos (0-1)

11 do Xallas no Xallas-Mazaricos-Foto-Luis Gonzalez
11 do Xallas -Foto-Luis Gonzalez
  • Xallas: Iván Couto, Diego, Aitor, Rubén Sande, Samuel, Brais, Fidi, Colón, Capelo, Doro, Carlos Rieiro. Tamén: Alex Barbeira, Caneda, Angel Cuns, Stefan e Juan de Celia.
11 do Mazaricos no Xallas-Mazaricos-Foto-Luis Gonzalez
11 do Mazaricos -Foto-Luis Gonzalez
  • Mazaricos: Pablo, Oscarín, Pose, Chumiko, David, Josete (Ferreiro), Brais, Sandelo, Guille (Molinos), Marquiños, Kevin (Chiki).
  • Gol: 0-1, m.87: Kevin lanza unha falta, rebota na barrera, e colle o rexeite de volea facendo un bo gol.
Xallas-Mazaricos-Foto-Luis Gonzalez
Xallas-Mazaricos-Foto-Luis Gonzalez

Partido fermoso para ver en Fontenla, cunha boa entrada, moi disputado. Os dous equipos arrincaron forte, intentando dominar, pero sen poder impoñerse. Era o Xallas de Adrián Vázquez o que máis dominaba pero non estaba fino nos últimos metros, mentres que o cadro amarelo apenas se achegou a área de Iván Couto.
A mellor ocasión chegaba ao fío do descanso, cando Capelo desaproveitaba unha pena máxima que lle paraba Pablo ao fío do descanso.

Arrincou a segunda algo máis aberta, na que se a Kevin lle anulaban un gol en fóra de xogo, na outra área Juan de Celia marrou unha ocasión case na liña de gol.

Cando parecía que o empate acabaría mandando, chegou voráxine. Min.87 e Kevin lanza unha falta e marca un golazo tralo rexeite para adiantar aos de Óscar Mingui. O Xallas non decae, insiste, e xa no último suspiro, o colexiado sinala outro penalti. Lanza Capelo e para Pablo, pero o árbitro manda repetir. Volve lanzar e volve parar Pablo, para que o colexiado pite o final e os puntos voen a Mazaricos.

 

Tordoia - Esteirana (3-3)

  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Tobío, Damián; Adrián Louro, Pablo Rama, Oli, Alex Rama, Róber Pladur e Elías. Tamén: Adrián Abelleira, Alex Louro, Pachi, Raúl e Godo.
  • Goles: 1-0, m.6: Óscar Andrade; 2-0, m.10: Abel Torres; 3-0, m.23: Denis; 3-1, m.33: Rober Pladur; 3-2, m.44: Rober Pladur de penalti; 3-3, m.62: Elías.

Bo punto fóra da casa, ante un rival directo como o Tordoia de Nando Muíño ao que mantén a 4 puntos de distancia, ao fío do descenso.

E iso que o cadro de Geno tivo media hora nefasta, permitindo que os locais se metesen 3-0, s 25 minutos nefastos, así se puxeron 3-0.
Tardou pero reaccinou o cadro esteirán, que se viñeron arriba creando perigo, demostrando a súa capacidade de competir en calquera situación e contra calquera equipo. Antes do descanso, Pladur xa anotara 2 goles metendo de cheo de novo aos blaugranas no partido.

Seguiuno intentando na segunda, e foi Elías o que conseguía o empate aos 20 minutos. A partir de aí volveuse nivelar a cousa, pero os visitantes aínda tiveron algunha ocasión para levar os 3 puntos.

 

Dumbría - Negreira (0-0)

11 do Dumbria no Conco

  • Dumbría: Anxo, Samuel, Pablo Paz, Raúl Añón, Brais, Mario, Lucas Toba, Code, Dani Chao, Baba e Xabi Castro. Tamén: Rivi, Carlos, Capelo, Adrián Periscal e Fabio.

Partido igualado sen demasiadas ocasións.

 

Soneira - Ribeira (0-1)

  • Soneira: Coke, Darío, Aarón Fdez. Brais, Pichi, Gesto, Fabián, Cristian, Richi, Borja e Javito. Tamén: Javi Souto, Manuel Arias, Basti, Maki e De la Sierra.
  • Gol: 0-1, m.80: Adao.

Partido igualado, con moi poucas ocasións, cun Ribeira que levaba a iniciativa pero o Soneira presionaba ben arriba. Era un deses choques nos que parecía claro que o equipo que se adiantara no marcador ía ter moito feito, pola extrema igualdade.

Nada máis comezar remataban os visitantes un balón ao pau, pero despois os locais tiveron dúas claras: unha de Javi a centro de Brais, e unha de Pichi que tirou e o rexeite Brais non a puido meter a porta baleira.

Arrincaba de novo cun balón ao pau do cadro visitante. Na área contraria os de Pedro tiveron dúas boas ocasións de córner, unha de Aarón, e unha de Javito, ademais dun remate de Basti que foi ao pau e pasou por diante da liña de gol. Tivo tamén Javito un gol que lle anularon por fóra de xogo, e na segunda xogada Adao adiantaba aos ribeirenses.

Aínda se viñeron arriba os locais e Dela tivo un lanzamento dende fóra da área que saíu lambendo a cruceta cando o Municipal cantaba gol.

Primeiro partido sen marcar do equipo soneirán, que lle impide sacar algo positivo ante o líder, pero que ratifica a gran temporada que están facendo.

 

Vista Alegre - Baio (1-3)

  • Baio: Bugy, Pablo Rod., Norberto, Iván Rod, Peke, Ceide, Pablo Dom., Aitor, Pazos, Braian e Josiño. Tamén: Iago, Aday, Porty, Sergio, Iván García.
  • Goles: 0-1, m.20: Josiño de penalti; 1-1, m.48: Fran Loureiro; 1-2, m.57: Pazos; 1-3, m.90: Aitor.

Tras 7 xornadas sen gañar, o Baio conseguía sumar os 3 puntos. Non perdeu a ocasión que se formula ante pechacancelas que só gañou un partido no que vai de liga, rompendo así a dinámica negativa e gañando confianza. E iso a pesar das baixas que segue sufrindo Félix.

No deportivo, foi un partido sen moito ritmo por parte de ambos equipos. Adiantouse dende os 11 metros o cadro visitante, pero nada máis comezar a segunda os locais empataron. Foise impoñendo a calidade dos costeiros e Pazos metía de novo por diante aos baieses e era Aitor o que sentenciaba pero case que co tempo cumplido.

 

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios