Venres. 26.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Xallas protagoniza a xornada dos derbis

11 do Xallas 22-23
11 do Xallas nun dos últimos partidos
1ª Galicia: O Xallas protagoniza a xornada dos derbis

Foi o Xallas o gran protagonista desta xornada na que eran os derbis os grandes focos de atracción. O cadro xalleiro venceu en Negreira, ante o segundo clasificado ao que non deixa escapar ao tempo que recupera 3 posicións e se coloca 4º, a unha praza dos postos de promoción.

Nesa loita pola promoción seguen Dumbría e Soneira. Os dumbrieses demostraron estar un punto por riba do Baio, mentres que o Soneira non puido sacar máis que un empate na súa visita a Esteiro no outro derbi da xornada.

Derrota mala do Mazaricos ante un rival directo que puido ter deixado moi atrás.

 

Baio - Dumbría (0-2)

11 do Baio en Baio

  • Baio: Bugy, Pablo Rod., Norberto, Pablo Dom., Ceide, Pazos, Aitor, Peke, Bieito, Braian, Santiso. Tamén: Iago, Aday, MC, Iván García e Julián.

11 do Dumbria en Baio

  • Dumbría: Anxo, Dani Chao, Pablo Paz, Raúl Añon, Kanario (Sendón), Brais Fdez, Lucas, Mario (Code), Darío (Yerva), Xabi (Rivi) e Diego Estévez.
  • Golers: 0-1, m.5: Estévez; 0-2, m.71: Rivi.

Baio-Dumbria

Merecida vitoria dumbriesa na súa visita ao Platas Reinoso nun encontro algo estrano. Adiantouse rápido o cadro de Pablo Conde, de novo co pichichi da categoría, Estévez, afinado. Pero o Baio reaccionou e foi tendo bos momentos de control da posesión, sen demasiada profundidade.Arrincou a segunda e o cadro de Félix tivo preto o empate, pero co segundo tanto, de Rivi, o Dumbría soubo xogar fácil sen correr riscos, demostrando estar, a día de hoxe, un pasiño por diante dos baieses.

 

Negreira - Xallas (1-3)

  • Xallas: Iván Couto, Diego, Aitor, Samuel, Brais, Ángel Cuns, Colón, Fidi, Stefan, Capelo, Carlos Rieiro. Tamén: Íker, Caneda, Doro, Alex Blanco e Dani Barbeira.
  • Goles: 0-1, m.15: Stefan marca de cabeza un golazo tras unha boa combinación; 0-2, m.25: Ángel Cuns; 0-3, m.47: Capelo; 1-3, m.84.

Tremenda vitoria do Xallas no complicadísimo campo do Jesús García Calvo. Os xalleiros estiveron moi acertados cara gol e demostraron a pegada que lles faltou a semana pasada. Na primeira xa marcou Stefan, tras unha gran combinación, e pronto Ángel Cuns facía o segundo.

A partir de aí, os de Adrián Vázquez xuntáronse máis, e souberon manter seco a Gonzalo, intentando correr tamén, e tendo un terceiro anulado.

Na segunda, o cadro local intentaba tocar pero non daba xerado ocasións, e á contra os xalleiros facía dano, chegando o terceiro moi pronto. No treito final tivo arrestos o cadro local para recurtar e apretar, pero os verdes souberon defender a súa meta.

 

Mazaricos - Cruces (0-1)

  • Mazaricos: Pablo, Brais (Pereiro), Pose, Chumiko, David, Josete (Borja), Guille (Chiki), Sandelo, Ferreiro (Molinos) Marcos, Kevin.
  • Goles: 0-1, m.50.

Mazaricos-Cruces

Partido feo para o espectador, cun Cruces que cedeu por completo o balón a uns amarelos que estiveron imprecisos nos pases en todo o partido, cun ritmo de circulación moi lento, e con carencias nas transicións defensivas. Apenas houbo ocasións. Na segunda saíu Molinos e baixou algo Sandelo, pero o equipo non mellorou.

Estaba claro que o que marcara antes tiña moito feito. Marcaron os visitantes, e os cambios tampouco melloraron o xogo dos de Mingui, que apenas quedaron cun par de ocasións de Kevin, unha cos pés e outra coa cabeza, pero demasiada pouca bagaxe ofensiva.

 

Esteirana - Soneira (0-0)

  • Esteirana: MJ, Code, Simón, Tobío, Adrián Louro, Adrián Abelleira, Alex Rama, Pablo Rama, Oli, Elías e Róber Pladur. Tamén: Javi, Pachi, Kevin, Raúl e Godo.
  • Soneira: Javi Souto, Darío, Aarón, Fabián, Pichi, De la Sierra, Borja Gándara, Richi, Cristian, Basti e Javito. Tamén: Colke, Gesto, Fabián Sendón e Brais.

Partido de moito respecto no Xosé Luís Vara, con moito medio campo e poucas internadas nas áreas.

Foi o cadro soneirán o que levou o peso do partido, pero sen profunidade. Só en saques de curruncho puido abrir o marcador o equipo de Pedro Gómez, enviando un balón á madeira. O choque puido caer para calquera dos dous equipos.

Continou o partido do mesmo xeito na segunda, se ben o cadro de Geno estirouse e buscou unha presión máis alta. Chegou algún roubo en zona perigosa e algunha ocasión para os locais, como un man a man que salvou Javi Souto. Pero tamén o Soneira tivo algunha chegada moi clara, como unha de Richi en liña de gol que salva espectacularmente o mellor porteiro da Costa, unha de Borja que manda alto ou unha de Javito, ao que lle anularan un gol por fóra de xogo, na última xogada de partido que manda por arriba.

 

Máis crónicas da 1ª Galicia

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios