3ª FUTGAL: Oza, Buño e Cee comezan avisando
Arrinca a semana pasada a 3ª da Costa co empate entre o Laxe e o filial do Muxía para evitar a Romaría da Virxe da Barca. Pero foi onte cando comezaba a rodar o balón ao completo nesta nova campaña.
Houbo tres goleadas que poñen de fronte que o Oza, o Buño e o Cee van de cara esta campaña.
Buño - Inter (4-1)
- Buño: Lamas, Jesús, Isaac, Andrés, Alexis, Hugo, Adrián pose, Martín, Sergio, Aguiar e Fran Santiago. Tamén: Alan, Eloy Trigo, Jorge Calvete, Javi Facal e Brais Fraga.
- Inter: Costa, José Angel, Javichu, Leo, Marcos, Juan Lagoa, Jose, Evaristo, Torices e Rubén. Tamén: Ema, Fabián, Alex Castro e Santi Agulleiro.
- Goles: 1-0, m.8: Aguiar de córner; 1-1, m.30: Rubén nunha contra; 2-1 m.73: Jorge Calvete de cabeza; 3-1, m.77: Sergio; 4-1, m.88: Brais Fraga.
Partido coas incertezas neste comezo de curso tralo complicado final de liga do ano pasado. Pero parece que a ilusión neste renovado Buño notouse e os de Pablo Mallón acabaron levando a vitoria. Comezaba o choque con moitas imprecisións sobre todo durante o primeiro tempo, se ben pronto se adiantaban os oleiros cun tanto de Aguiar de córner. Os de Juan Cobéns avisaban con balóns ás costas da defensa e nun deses Rubén empataba.
Co 1-1 chegou unha das xogadas claves: un córner olímpico que aaca Alan baixo paus, nunha acción decisiva. A partir dos cambios, os oleiros tiveron máis frescura e os goles foron caendo pouco a pouco. O máis destacado, o de Jorge Calvete, presi do equipo, que marcou de cabeza.
At. Pereiriña - Lira (2-2)
- Pereiriña: Xabi, Cartamil, Oca, Aitor, Pablo, Tebo, Hugo (Miguel, m.30), Maelo (Eloi, m.60), Brais Lagoa, Víctor Agulleiro e Oliver.
- Lira: Raúl, Xurxo, Beiro, Christian, David Carballo, Migueliño, Carlos, Alexander, Alberto, Iván París e Pablo Leis. Tamén: Aitor, Xabi Beiro, Xián, Cristian, Ra.
- Goles: 0-1, m.50: Iván París; 0-2, m.57: Iván París; 1-2, m.62: Brais Lagoa; 2-2, m.70: Víctor Agulleiro.
Partido moi igualado de inicio no que o Lira trataba de saír xogando e facer un fútbol combinativo ante un Pereiriña que esperaba con caras novas como a do eterno Manuel Cartamil, que se enfrontaba aos seus ex compañeiros. Pero o choque estaba cheo de imprecisións e precipitacións, sendo a mellor ocasións un man a man dos de Oscar Leis que salvou Xabi e unha falta para os de Julito que salvou Raúl.
Nada máis saír dos vestiarios, saíron mellor os lirachos, que se metían con 0-2 moi pronto con dous tantos de Iván París. Pero durou pouco a alegría pola banda carnotá, e os locais tiraron de garra e se viñeron arriba, empatando cos tantos de Brais Lagoa e o corcubionés Víctor Agulleiro.
Aínda quedaban 20 minutos nos que o Lira tivo un par de xogadas máis calmadas para volver meterse por diante pero o choque rematou en táboas.
Coristanco - Nantón (3-2)
- Coristanco: Roberto, Borja Rey, Andy, Sergio Lorenzo, Jairo, Dani Vázquez, Mateo, Jose Antonio, Diego Castro, Kevin e Casti. Tamén: Villajos, Lou, Benxa, Xoel e Samuel.
- Nantón: Álvaro, Mikel, Fran Torres, Kevin Reino, Dani Andrade, Aarón, Julio, Álex López, Xoel, Iago Torres, Suso. Tamén: Adrián Abelenda, Juan, Dany Añón, Carlos e Borja.
- Goles: 0-1, m.18: Álex López de córner directo; 1-1, m.30: Mateo; 1-2, m.45: Kevin Reino; 2-2, m.75: Jairo de penalti; 3-2, m.88: Diego Castro.
Partido igualado na Rocheira que comezaba cunNantón máis intenso, cun ritmo moi alto e unha presión que sorprendeu aos de Adrián Lema. Alex López adiantaba pronto aos de Adrián Varela cun gol olímpico, puidendo ampliar a renda en varias ocasións. Pero cando máis cómodos estaban os cabaneses, xusto despois de que Suso mandara ao longueiro un penalti cometido sobre el mesmo. Mateo empataba aproveitando un balón morto dende a frontal. Non se veu abaixo o Nantón que aínda se volveu meter por diante cun centro chut de Kevin que se colaba polo segundo pau.
Na segunda quedaría moi pronto o Nantón con 10 pola expulsión do capitán Xoel por protestar, e pouco despois con 9 polo cartón vermello a Aarón por unha entrada (tamén foi expulsado o adestrador). O Coristanco aproveitou para apretar, e se ben aínda tivo Suso un man a man e Alex López un rito ao poste, Jairo, dende os 11 metros e Diego Castro xa case que no desconto remontaban o partido, ante as protestas dos cabaneses, que fixeron un gran partido.
Seaia - Cerqueda (0-1)
- Seaia: Piña, David Muíño, Marcos Verdes, Alex Mato, Noel, Alex Marcía, Manu Cancela, Erik, Manu Castro, Edu Souto e Iván. Tamén: Anxo, Brais, Siego, Martín Costa e Alex.
- Cerqueda: Héctor, Marcos Pensado, Dani Reixía, Gus, Hugo Fraga, Ba, Brais Costa, Eloy Santis, Nacho Schuster e Palermo. Tamén: Brais, Iván Rey, Brais Pombo, Sergio e Breo.
- Gol: 0-1, m.81: Brais Pombo.
Derbi disputadísimo de principio a fin, con moita intensidade cos xogadores dos dous equipos dándoo todo porque comezar con bo pé o curso. Cada balón no castigado Pedra Queimada era unha disputa máxima, e a igualdade era constante. O Seaia de Jorge comezaba algo mellor pero os de Gurita acabaron mellor a primeira metade, tendo varias ocasións.
Na segunda o partido esstivo máis bronco, con menos xogo e menos ocasións. Unha das poucas foi un centro lateral que remataba o xuvenil Brais Pombo gañándolle ben a espalda ao lateral local e rematando de primeiras, levando o primeiro derbi do curso para Cerqueda.
Camelle - Cee (1-4)
- Camelle: Ángel (Brais Nión); Martín, Micael, Hucho (Rus), Raiku (Fabián); David, Chans, Josiño, Gaby, Miguel (Dido) e Lucas (Jorge Velo).
- Cee: Jorge, César, Jonathan, Munitis, Oreiro, Carlos, Dani Fontaíña, Íker, Keko, Eze e Josiño. Tamén: Matteo, Diouck, Rober, Pablo e Xián.
- Goles: 0-1, m.7: Eze; 0-2, m.17: Josiño nun rexeite; 1-2, m.20: Lucas de penalti; 1-3, m.22: Keko; 1-4, m.26: Eze de falta dende 35 metros.
Demostrou o Cee estar un paso por diante ante un Camelle que aínda ten moito que rodar, cun só amistoso nas pernas dos de Sergio, que estaban moi imprecisos. Xa nos primeiros minutos un par de erros eran aproveitados polos ceenses, comandados por un Eze espectacular. Lucas recortaría de penalti aínda no m.20, e aínda tivo outra o cadro camellán para empatar nun córner que salva moi ben Jorge. E case que na seguinte, Keko aproveita un centro lateral para volver ampliar a vantaxe dos de Rafa. Aínda no m.26 Eze marcaría dende case 40 metros para deixar o choque case sentenciado. Ángel aínda tivo que aparecer un par de veces antes do descanso, se ben na segunda, os de Sergio estiveron mellor, combiando algo máis e tendo algunha que outra ocasión.
Oza - Baíñas (7-0)
- Oza: Benjamín; Davicillas, Raúl, Brais, Marcos, Hugo, Miguel, Lavandeira, Saad, Salah e Nacho. Tamén: Lagoa, Fernando, Suárez Roberto e Moreno.
- Baíñas: Fabián, Samuel, Darío, Manu, Pablo, Leo, Santi, Kevin Fandiño, Chavico, Marcos e Ibra. Tamén Estiven, Esteban, Crisca, David e Raúl.
- Goles: 1-0, m.28: David dende moi lonxe; 2-0, m.29: Iago Lavandeira; 3-0, m.40: Saad; 4-0, m.44: Nacho; 5-0, m.48: Saad; 6-0, m.55: Salah; 7-0, m.70: Roberto.
Vitoria contundente do Oza que se coloca líder claro. Saía apretando ao principio o Baíñas de Antelo, e custoulle facerdano ao cadro carballés. Pero no ecuador rompía o partido o cadro de Michel con dous goles consecutivos (un un golazo de David, e outro de Iago Lavandeira). Estaba baixo xa o Baíñas e dous novos tantos ao fío do descanso deixaban o partido sentenciado, cunha segunda metade sen nada que ofrecer.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.