O Fútbol da Costa uniuse para homenaxear aos brigadistas e tractoristas que nos salvan do lume

Triangular Solidario polo lumes no Cairo
Foto de familia no Cairo cos equipos de Corme e Ponteceso, os brigadistas e todas as entidades que participan no Triangular Solidario polo lumes no proxecto #QPCRexenera
O Fútbol da Costa uniuse para homenaxear aos brigadistas e tractoristas que nos salvan do lume

Fermosa tarde solidaria a vivida este domingo 7 de setembro no campo do Cairo (Corme). O Triangular Solidario polos lumes do proxecto #QPCRexenera, serviu para render homenaxe aos brigadistas e aos tractoristas que traballaron na extinción dos incendios sufridos a comezos de agosto en Corme Porto, Corme Aldea, Niñóns, Brantuas, A Graña e Cospindo.
Ademais, gracias á familia cormelá, recaudáronse 675€ que se destinarán a un futuro proxecto de rexeneración dos montes afectados polos incendios nas parroquias pontecesás, que invitará á cidadanía a facer unha reflexión sobre o monte que queremos.

A xornada viviu varios momentos moi especiais, como esa foto de familia entre todas as entidades colaboradoras na iniciativa: os equipos de Corme CF e Ponteceso SD; a Asoc. Insua de Viastela; Fundación Juana de Vega; Asociación Monte Branco; Fundación Eduardo Pondal; Asociación Eduardo Pondal de Corme; Ponteceso Cultura Permanente; Asociación Nosa Sañora do Faro de Brantuas; Concello de Ponteceso; Confraría de Pescadores de Corme; Asociación Ambiental Senda Nova; ANPAS dos colexios de Corme e Ponteceso e Drew Corme. Todos xuntos cos Brigadistas e axentes da BH da Lomba, e varios tractoristas e palistas de Corme e Ponteceso.

O Fútbol da Costa, unido polos lumes

Os principais protagonistas da tarde foron os brigadistas da Base Helitransportada da Lomba (Santa Comba), moitos membros da familia do Fútbol da Costa. Quixeron representar esa unión do noso deporte rei saíndo ao campo cormelán cos seus cascos de traballo e cada un cunha camiseta dun equipo costeiro.

Equipo de Brigadistas do Futbol da Costa no Cairo
Equipo de Brigadistas do Futbol da Costa no Cairo

Aí estiveron vestindo despois a camiseta amarela da BH Lomba: Manuel José Trillo Lestón “MJ” (Lesende e Esteirana); Damián Cortés Rey (Hamburg Towers "Baloncesto”); Yoel Parada Sanchiño; Pablo Calvete Taibo (Ponteceso SD); Alberto García Lijó (Club Remo Cabo de Cruz); Juan Castanedo Gantes (Oza Juvenil); Cristian Figueira Pedrosa (Outes); Juan Louro Valverde (Club Balonmano Roquetas de Mar); Iván Tarrío Pereiras "Tarricius" (Real Aero Club Santiago); Óscar Salvado Gontad); Rubén Forján Lema (Sp Zas); Pablo Alvariño Dominguez (SD Fisterra Vet.); Anxo Agra Rial (Agrón); David Gerpe Mendez (Sp. Zas); Javier Calvo Vázquez (SD Negreira).
Mención especial a Quito Ponteceso (Bombeiro, ex SD Ponteceso) que non pode estar finalmente porque traballa e a Rubén Pérez Cotelo (membro do GES de Ponteceso, e ex SD Ponteceso), ademais doutras personalidades vinculadas coa extinción e co noso Fútbol costeiro como Miguel Chouza (adestrador do Castriz), Javi Meigho (adestrador no Dumbría); Moro Alebeleiras (histórico do Mazaricos) e Churián (adestrador do Xallas).

Os presentes recibiron un detalle do concello de Ponteceso, que lles entregou o teniente alcalde, Juan Ramón Vidal.

O fútbol

Baixo a arbitraxe do tamén cormelán Bruno Méndez (que doou os seus emonumentos ao proxecto), comezaba o primeiro choque entre o equipo comandado Rubén Forján, ante un Corme CF de Ángel cheo de baixas. Os brigadistas competiron pero acabaron caendo por un apretado 2-1, cos tantos de Mauro e Aitor de penalti para os cormeláns e o de Peto para os amarelos.
No segundo partido, os brigadistas enfrontábanse ao novo Ponteceso de Jorge Guillamet, tamén cheo de baixas. Os brigadistas comezaron moi ben e se adiantaron por medio de Juan, pero o cansanzo e a entrada de Alberto Recarey no campo e a presenza de Mendieta na punta de ataque foi decantando a balanza para os pontecesáns, que empataban por medio de Eloy Álvarez dende os 11 metros.
Para o final quedaron os 45 minutos entre Corme e Ponteceso. Borja Torrado abría o marcador cun golazo para os locais, pero Luca nun córner, e Dani Rodríguez nunha contra, daban a vitoria aos pondalianos.

Homenaxe aos tractoristas

Representados no campo polo palista David Rojo e o tractorista Rafa Beres, o partido tamén quixo render homenaxe aos tractoristas e palistas que cambiaron as regras da loita contra o lume coa súa intensa colaboración. Tremenda a ovación que recibiron cando Carlos Abelenda foi lendo cada un dos seus nomes:
David Rojo, Marcos do Toural, “Sito” Martín López Vaamonde (O Couto), Gil da Campara, Reixía, Alberto Ameixenda, Adrián de Xornes, Gonzalo de Xornes, Santos da Ourada, Daniel de Limiñoa, Jose de Limiñoa, Damián Alvarellos, Rafa Beres, Alberto de Barizo, Sergio do Pazo, Ribeiro de Magro (Traba de Laxe), Jairo de Tella, Moncho de Marta, Jose, o Fontaneiro de Carlos Busto, Souto de Vigo, Jose Suárez (Cerezo), Andrés Manuel (Mens), Javier (da granxa de coellos de Canduas), Manolo de Mato (Cerezo), Santiago de Capilla (Badarra), Silvestre da Ourada, Manolo de Alborxa (Brixería), Esteban Rey (Cerezo), Jose Antonio e Iván (Excavaciones Cerezo), Pablo de Inalpa, Juan do Merisildo (Brantuas), José de Xan (Figueiroa), Ernesto de Carballido co camión, Gerardo de Breixo de Cerezo, Martín de Carames de Carballido, Manolo de Civil de Carballido, Marcos Rial de Tella, Pepe das Pedras de Carballido e Antonio de Avieiro de Brantuas.
Gracias a todos eles, lembrando ademais que o o Concello de Ponteceso vai render unha homenaxe especial na Feira das Fabas de Tella.

Os sorteos

Carla con Rafa Varela e Carlos Abelenda no Cairo
A noite no Hotel Balarés tocoulle a Carla, que pousou con Rafa Varela e o presentador do evento Carlos Abelenda 

Polo camiño celebráronse os sorteos dunha Noite para dúas persoas no Hotel Balarés (gracias á colaboración do hotel pontecesán), unha cesta conseguida polo Corme CF e unha camiseta do Dépor asinada polos xogadores branquiazuis.

Galería de fotos

Máis novas

 

Comentarios