3ª FUTGAL: O Oza supera tamén ao Cerqueda
Está impresionante o SD Oza neste comezo de temporada cun rotundo 6 de 6 tras superar tamén ao Cerqueda en Xaviña no partido da xornada.
Ponse de segundo o Coristanco, que suma tamén 5 de 5, sendo os tres equipos que comandan a táboa.
Por atrás, parece que esperta o Cee a costa dun Baíñas que non dá arrincado. A xornada tamén deparou a primeira vitoria, apabullante, dun Muxía B que atopou o camiño do gol. Só quedan Laxe e Camelle sen estrear o taboleiro de puntos.
Seaia - Camelle (3-2)
- Seaia: Piña, Marcos, Alex Mato, Alex García, Manu Cancela, Noel, Simón, Diego, Manu Castro, Edu. Tamén: Anxo, David, Iván, Pablo Caamaño e Martín Costa.
- Camelle: Ángel; Raiku (Marcotiño), Dido, Hucho (Jorge), Martín; Crejo, David, Fabian (Gaby), Josiño, Chans; e Miguel (Lucas).
- Goles: 1-0, m.38: Alex Mato; 2-0, m.55: Alex García; 3-0, m.61: Manu Castro; 3-1, m.80: en propia; 3-2, m.91: Lucas dende fóra da área.
Comezaba dominando o Seaia de Jorge Martínez ante un Camelle de Sergio, moi firme atrás. Intentaba abrir as bandas os locais, e xa preto do descanso, tras unha presión no medio campo, rouba Dimaga que abre a banda para Alex Garcia que filtra un pase raso que deixa só a Alex Mato para abrir o marcador.
Empezarían a segunda máis incisivos os camelláns, pero noutra internada por banda, Castro centra ao segundo e tras un intento de despexe do porteiro, queda un balon morto que mete en toda a escuadra Alex Garcia.
Seguía igualado o partido, pero outro erro do meta visitante deixa só a Erik que cede para que Castro defina, desmoralizando totalmente aos camelláns. Así e todo, sacarían peito os de Sergio, recurtarían aínda metendo algo de medo aos locais no desconto.
Muxía B - Inter de Brens (8-1)
- Muxía B: Miguel, Peski, Javi Vilela, Baamil, Martín, Kevin Carballo, Eloy Sambad, David, Adrián Alcaina, Miguel Papin e Javi Rey. Tamén: Aitor, Prieto, Iván, Isma e Furelos.
- Inter de Brens: Ema, José Ángel, Javichu, Cristian, Evaristo, Rubén, Leo, Juan Lagoa, Josiño, Torices e Ferreiro. Tamén: Costa, Diego, Adrián Pasantes, Fabián e Marcos.
- Goles: 1-0, m.3: Papin; 2-0, m.8: David; 3-0, m.19: Javi Rey; 4-0, m.33: Javi Rey; 4-1, m.41: Josiño; 5-1, m.47: Javi Rey; 6-1, m.50: Martín; 7-1, m.86: Vilela; 8-1, m.88: Kevin Carballo.
Espectacular partido do filial de Congui, que foi superior en todo momento ao Inte de Cobéns. Superiores en todas as liñas, combinando ben e sendo letais cara gol.
Cee - Baíñas (4-2)
- Cee: Jorge, César, Jonathan, Munitis, Carlos, Rober, Carlos, Fontaíña, Keko, Josiño, Xián e Pablo. Tamén: Manuel, Matteo, Eze, Rui e Diouck.
- Baíñas: Fabián, Samu, Fabichas, Darío, Manu, Santi, Aníbal, Leo, Fandi, Ibra e Ruli. Tamén: David C., Chavico, Pablo, Crisca e Chori.
- Goles: 1-0, m.22: Xián; 2-0, m.29: Xián; 3-0, m.32: Carlos tras un córner; 3-1, m.45: Ruli; 4-1, m.71: Keko; 4-2, m.81: Ruli.
Vitoria xusta do Cee ante un Baíñas que non fixo un bo partido, sobre todo en defensa. Comezaba cedendo moito e en 10 minutos do ecuador permitía que os ceenses se colocasen cun claro 3-0. Antes do descanso Ruli recurtaba.
Na segunda saíron mellor os de Antelo, apretando e tendo varias chegadas ata que Keko facía o cuarto e sentenciaba o choque para os de Rafa.
Lira - Volantes (0-2)
- Lira: Raúl, Marcos, Carlos, Ramón, Iago, Alberto, David, Migueliño, Pablo Leis, Iván París e Kajulo. Tamén: Xurxo, Christian, Xabi Beiro, Cibrán e Freire.
- Volantes: Xandre, Aarón, Alexis, Manu Fontelos, Bruno; Javi Romero, Marcos, Jordy, Bruno, Raúl París, Manu Lago, Edu. Tamén; Saúl, Guisado, Marco, Alex Louro e Jose Maceiras.
- Goles: 0-1, m.20: Edu; 0-2, m.43: Saúl.
Partido vivo en Lombáns, no que saían con presión alta os de Ramiro Bao. Tiña que aparecer máis Raúl na meta liracha que Xandre na laranxa, e así Edu e Saúl, antes do descanso, metían en xusta vantaxe aos visitantes. Tiveron tamén os de Óscar Leis un par de chegadas co 0-1, pero un remate de Pablo saía fóra por pouco e o pau repelía un tiro de Ramón.
Na segunda, comezaba forte o Lira, e apreotou ata que lle duraron as forzas, pois os últimos 20 minutos volveron ser controlados polos muradáns.
Nantón - Buño (2-0)
- Nantón: Álvaro, Mikel, Adri Abelenda, Dani Andrade, David Fariña, Xoel, Dany Añón, Jorge, Aarón, Alex López e Iago Torres. Tamén: Julio, Suso, Borja e Dani Castro.
- Buño: Pouso, Isaac, Alan, Eloy Trigo, Jorge Calvete, Pablo Pombo, Martín Nantón, Brais Fraga, Adrián Pose, Andrés e Alexis.
- Goles: 1-0, m.7: Dany Añón a centro de Mikel; 2-0, m.8: Iago Torres.
Bo partido nas Fontiñas, cun Nantón que superou ao Buño en intensidade, gañas, e dominio no medio campo. Saíron moi enchufados os de Adrián Varela, e aos 10 minutos xa lucía 2-0 no marcador, tras unha xogada que inicia Alex Lopez cara a banda de Maikel, este sirvelle un bo centro a Dani Añón que cun bo remate de cabeza abre o marcador. Un minuto máis tarde, xogada entre Jorge e Iago, acaba con este perfilándose dentro da área e rematando tamén ao segundo pau para poñer o 0-2.
Tardaron en reaccionar os de Pablo Mallón, que no último cuarto de hora si que igualou a contenda, tendo dúas ocasións clarísimas para recurtar: un remate nun córner que saca Álvaro milagrosamente e ata un penalti fallado que Álvaro lle detén ao meta visitante Pouso xa no desconto do primeiro tempo.
Con todo, tamén os locais tiveron varios mans a mans para sentenciar como un balón de Jorge que non ve portería a cesión de Yago.
Mellorou o Buño na segunda, combinando algo máis, e pouco a pouco o partido volveuse tolo, cos oleiros arriscando arriba e os cabaneses puidendo ter sentenciado á contra. O raro foi que o resultado quedase así.
Coristanco - Laxe (4-1)
- Coristanco: Villajos, Borja, Pablo, Loreno, Danu Vázquez, Jose, Mateo, Pablo Pose, Kevin, Dani Casti e Lou. Tamén: Roberto, Asier, Martín, Andy, Rodri.
- Laxe: Jacobo, Guzman, Pablo Barreiro, Brais, Martín, Eloy Liñares, Aarón, David, Bieito, Djamel e Álex Núñez. Tamén; Solís, Darío Mira, Leo, Raúl, e Darío Martínez.
- Goles: 1-0, m.13: Pablo Pose; 2-0, m.45+2: Pablo Pose; 2-1, m.51: Bieito; 3-1, m.55: Pablo Pose; 4-1 m.87: Dani Vázquez.
Moi firme está o Coristanco de Adrián Lema neste comezo de curso, e superou con solvencia a un Laxe de Manu Saleta aínda en creación e con moita xuventude. Ademais, o xuvenil Alex Núñez sufría unha forte lesión e tiña que saír en ambulancia da Rocheira.
Aínda así os laxenses formularon un partido duro, tratando cara a cara ao cadro verde, e seguro que van dar moitas sorpresas. Na segunda, saía moi forte o cadro de Saleta, meténdolle medo co gol de Bieito, pero en dúas boas contras, os coristanqueses sentenciaban.
Cerqueda - Oza (1-2)
- Cerqueda: Héctor, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samu Amado, Juan Rivera, Hugo Fraga, Schuster, Mario, Eloy Santos, Brais Costa e Palermo. Tamén: Brais González, Ba, Aitor, Brais Pombo, e Iván Rey.
- Oza: Benjamín, Davicillas; Raúl, Brais Bolón, Marcos, Hugo, Miguel, Lavandeira, Saad, Salah e Nacho. Tamén: Matías, Fernando, Suárez, Eloy Suárez e Moreno.
- Goles: 0.-1, m.47: Eloy Suárez a centro de Salah; 1-1, m.52: Palermo; 1-2, m.89: Salah de cabeza nun córner botado por Hugo Fraga.
Era o partido da xornada e non defraudou choque vivo ata o pitido final. Comezaba o choque igualado, tenso, disputado, cun Oza que tiña moitas imprecisións pola boa presión dos de Gurita, que avisaban cunha moi clara nada máis empezar. Nacho e Salah tamén avisaban para os de Míchel.
Comezaba a segunda metade facendo valer Eloy Suárez “a lei do ex” marcándolle aos seus ex compañeiros. O Cerqueda non se amilanou e volveu apretar moito. Moi pronto os carballeses pedían un gol pantasma que o colexiado non considerou, e na seguinte xogada empataba Palermo para os locais tras unha boa xogada trenzada pola banda esquerda.
Quedaba aínda moito por diante, e cando parecía que o partido ficaría no empate, o Oza, que parecía intentar algo máis, facía o segundo no m.89 nunha xogada a balón parado. Envorcouse no desconto o cadro malpicán, pero a defensa e un gran Benjamin aguantaron a vitoria para o líder.
Todas as crónicas da 3ª FUTGAL
- X.5: O Buño freou ao Cerqueda mentres o Oza segue ao seu.
- X.4: Oza e Cerqueda manteñen o pleno.
- X.3: O Pereiriña frea ao Cee.
- X.2: Oza, Cee e Cerqueda mandan.
- X.1: Oza, Buño e Cee comezan avisando.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.