luns. 20.10.2025
El tiempo

3ª FUTGAL: O Oza supera tamén ao Cerqueda

O SD Oza tras vencer en Xavina
O SD Oza tras vencer en Xaviña
3ª FUTGAL: O Oza supera tamén ao Cerqueda

Está impresionante o SD Oza neste comezo de temporada cun rotundo 6 de 6 tras superar tamén ao Cerqueda en Xaviña no partido da xornada.

Ponse de segundo o Coristanco, que suma tamén 5 de 5, sendo os tres equipos que comandan a táboa.

Por atrás, parece que esperta o Cee a costa dun Baíñas que non dá arrincado. A xornada tamén deparou a primeira vitoria, apabullante, dun Muxía B que atopou o camiño do gol. Só quedan Laxe e Camelle sen estrear o taboleiro de puntos.

Seaia - Camelle (3-2)

11 do sporting seaia copia

  • Seaia: Piña, Marcos, Alex Mato, Alex García, Manu Cancela, Noel, Simón, Diego, Manu Castro, Edu. Tamén: Anxo, David, Iván, Pablo Caamaño e Martín Costa.
  • Camelle: Ángel; Raiku (Marcotiño), Dido, Hucho (Jorge), Martín; Crejo, David, Fabian (Gaby), Josiño, Chans; e Miguel (Lucas).
  • Goles: 1-0, m.38: Alex Mato; 2-0, m.55: Alex García; 3-0, m.61: Manu Castro; 3-1, m.80: en propia; 3-2, m.91: Lucas dende fóra da área.

Comezaba dominando o Seaia de Jorge Martínez ante un Camelle de Sergio, moi firme atrás. Intentaba abrir as bandas os locais, e xa preto do descanso, tras unha presión no medio campo, rouba Dimaga que abre a banda para Alex Garcia que filtra un pase raso que deixa só a Alex Mato para abrir o marcador.

Empezarían a segunda máis incisivos os camelláns, pero noutra internada por banda, Castro centra ao segundo e tras un intento de despexe do porteiro, queda un balon morto que mete en toda a escuadra Alex Garcia.

Seguía igualado o partido, pero outro erro do meta visitante deixa só a Erik que cede para que Castro defina, desmoralizando totalmente aos camelláns. Así e todo, sacarían peito os de Sergio, recurtarían aínda metendo algo de medo aos locais no desconto.

11 do seaia
O Sp. Seaia celebrando a vitoria

Muxía B - Inter de Brens (8-1)

  • Muxía B: Miguel, Peski, Javi Vilela, Baamil, Martín, Kevin Carballo, Eloy Sambad, David, Adrián Alcaina, Miguel Papin e Javi Rey. Tamén: Aitor, Prieto, Iván, Isma e Furelos.
  • Inter de Brens: Ema, José Ángel, Javichu, Cristian, Evaristo, Rubén, Leo, Juan Lagoa, Josiño, Torices e Ferreiro. Tamén: Costa, Diego, Adrián Pasantes, Fabián e Marcos.
  • Goles: 1-0, m.3: Papin; 2-0, m.8: David; 3-0, m.19: Javi Rey; 4-0, m.33: Javi Rey; 4-1, m.41: Josiño; 5-1, m.47: Javi Rey; 6-1, m.50: Martín; 7-1, m.86: Vilela; 8-1, m.88: Kevin Carballo.

Espectacular partido do filial de Congui, que foi superior en todo momento ao Inte de Cobéns. Superiores en todas as liñas, combinando ben e sendo letais cara gol.

Cee - Baíñas (4-2)

  • Cee: Jorge, César, Jonathan, Munitis, Carlos, Rober, Carlos, Fontaíña, Keko, Josiño, Xián e Pablo. Tamén: Manuel, Matteo, Eze, Rui e Diouck.
  • Baíñas: Fabián, Samu, Fabichas, Darío, Manu, Santi, Aníbal, Leo, Fandi, Ibra e Ruli. Tamén: David C., Chavico, Pablo, Crisca e Chori.
  • Goles: 1-0, m.22: Xián; 2-0, m.29: Xián; 3-0, m.32: Carlos tras un córner; 3-1, m.45: Ruli; 4-1, m.71: Keko; 4-2, m.81: Ruli.

Vitoria xusta do Cee ante un Baíñas que non fixo un bo partido, sobre todo en defensa. Comezaba cedendo moito e en 10 minutos do ecuador permitía que os ceenses se colocasen cun claro 3-0. Antes do descanso Ruli recurtaba.

Na segunda saíron mellor os de Antelo, apretando e tendo varias chegadas ata que Keko facía o cuarto e sentenciaba o choque para os de Rafa.

Lira - Volantes (0-2)

11 do CF Lira aen Lombans ante Volantes

  • Lira: Raúl, Marcos, Carlos, Ramón, Iago, Alberto, David, Migueliño, Pablo Leis, Iván París e Kajulo. Tamén: Xurxo, Christian, Xabi Beiro, Cibrán e Freire.

11 do Volantes en Lombans

  • Volantes: Xandre, Aarón, Alexis, Manu Fontelos, Bruno; Javi Romero, Marcos, Jordy, Bruno, Raúl París, Manu Lago, Edu. Tamén; Saúl, Guisado, Marco, Alex Louro e Jose Maceiras.
  • Goles: 0-1, m.20: Edu; 0-2, m.43: Saúl.
Raul e Javi Romero co colexiado Vitor Recarey
Raúl e Javi Romero co colexiado Vítor Recarey

Partido vivo en Lombáns, no que saían con presión alta os de Ramiro Bao. Tiña que aparecer máis Raúl na meta liracha que Xandre na laranxa, e así Edu e Saúl, antes do descanso, metían en xusta vantaxe aos visitantes. Tiveron tamén os de Óscar Leis un par de chegadas co 0-1, pero un remate de Pablo saía fóra por pouco e o pau repelía un tiro de Ramón.

Na segunda, comezaba forte o Lira, e apreotou ata que lle duraron as forzas, pois os últimos 20 minutos volveron ser controlados polos muradáns.

Nantón - Buño (2-0)

  • Nantón: Álvaro, Mikel, Adri Abelenda, Dani Andrade, David Fariña, Xoel, Dany Añón, Jorge, Aarón, Alex López e Iago Torres. Tamén: Julio, Suso, Borja e Dani Castro.
  • Buño: Pouso, Isaac, Alan, Eloy Trigo, Jorge Calvete, Pablo Pombo, Martín Nantón, Brais Fraga, Adrián Pose, Andrés e Alexis.
  • Goles: 1-0, m.7: Dany Añón a centro de Mikel; 2-0, m.8: Iago Torres.

Bo partido nas Fontiñas, cun Nantón que superou ao Buño en intensidade, gañas, e dominio no medio campo. Saíron moi enchufados os de Adrián Varela, e aos 10 minutos xa lucía 2-0 no marcador, tras unha xogada que inicia Alex Lopez cara a banda de Maikel, este sirvelle un bo centro a Dani Añón que cun bo remate de cabeza abre o marcador. Un minuto máis tarde, xogada entre Jorge e Iago, acaba con este perfilándose dentro da área e rematando tamén ao segundo pau para poñer o 0-2.

Tardaron en reaccionar os de Pablo Mallón, que no último cuarto de hora si que igualou a contenda, tendo dúas ocasións clarísimas para recurtar: un remate nun córner que saca Álvaro milagrosamente e ata un penalti fallado que Álvaro lle detén ao meta visitante Pouso xa no desconto do primeiro tempo.
Con todo, tamén os locais tiveron varios mans a mans para sentenciar como un balón de Jorge que non ve portería a cesión de Yago.

Mellorou o Buño na segunda, combinando algo máis, e pouco a pouco o partido volveuse tolo, cos oleiros arriscando arriba e os cabaneses puidendo ter sentenciado á contra. O raro foi que o resultado quedase así.

Coristanco - Laxe (4-1)

  • Coristanco: Villajos, Borja, Pablo, Loreno, Danu Vázquez, Jose, Mateo, Pablo Pose, Kevin, Dani Casti e Lou. Tamén: Roberto, Asier, Martín, Andy, Rodri.
  • Laxe: Jacobo, Guzman, Pablo Barreiro, Brais, Martín, Eloy Liñares, Aarón, David, Bieito, Djamel e Álex Núñez. Tamén; Solís, Darío Mira, Leo, Raúl, e Darío Martínez.
  • Goles: 1-0, m.13: Pablo Pose; 2-0, m.45+2: Pablo Pose; 2-1, m.51: Bieito; 3-1, m.55: Pablo Pose; 4-1 m.87: Dani Vázquez.

Moi firme está o Coristanco de Adrián Lema neste comezo de curso, e superou con solvencia a un Laxe de Manu Saleta aínda en creación e con moita xuventude. Ademais, o xuvenil Alex Núñez sufría unha forte lesión e tiña que saír en ambulancia da Rocheira.

Aínda así os laxenses formularon un partido duro, tratando cara a cara ao cadro verde, e seguro que van dar moitas sorpresas. Na segunda, saía moi forte o cadro de Saleta, meténdolle medo co gol de Bieito, pero en dúas boas contras, os coristanqueses sentenciaban.

Cerqueda - Oza (1-2)

11 do Cerqueda ante o Oza

  • Cerqueda: Héctor, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samu Amado, Juan Rivera, Hugo Fraga, Schuster, Mario, Eloy Santos, Brais Costa e Palermo. Tamén: Brais González, Ba, Aitor, Brais Pombo, e Iván Rey.

11 do Oza en Xavina

  • Oza: Benjamín, Davicillas; Raúl, Brais Bolón, Marcos, Hugo, Miguel, Lavandeira, Saad, Salah e Nacho. Tamén: Matías, Fernando, Suárez, Eloy Suárez e Moreno.
  • Goles: 0.-1, m.47: Eloy Suárez a centro de Salah; 1-1, m.52: Palermo; 1-2, m.89: Salah de cabeza nun córner botado por Hugo Fraga.

Era o partido da xornada e non defraudou choque vivo ata o pitido final. Comezaba o choque igualado, tenso, disputado, cun Oza que tiña moitas imprecisións pola boa presión dos de Gurita, que avisaban cunha moi clara nada máis empezar. Nacho e Salah tamén avisaban para os de Míchel.

Comezaba a segunda metade facendo valer Eloy Suárez “a lei do ex” marcándolle aos seus ex compañeiros. O Cerqueda non se amilanou e volveu apretar moito. Moi pronto os carballeses pedían un gol pantasma que o colexiado non considerou, e na seguinte xogada empataba Palermo para os locais tras unha boa xogada trenzada pola banda esquerda.

Quedaba aínda moito por diante, e cando parecía que o partido ficaría no empate, o Oza, que parecía intentar algo máis, facía o segundo no m.89 nunha xogada a balón parado. Envorcouse no desconto o cadro malpicán, pero a defensa e un gran Benjamin aguantaron a vitoria para o líder.

Todas as crónicas da 3ª FUTGAL

Máis información

Comentarios