Así arrinca a segunda Fase das Ligas Xuvenís, Cadetes e Infantís
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.
Tralo remate da luga regular, esta fin de semana arrincan as segundas fases das ligas de base. Xuvenís, Cadete e Infantís afrontan novos retos. Por un lado os 3 primeiros de cada un dos dous grupos da primeira fase pasan á Fase de Ascenso á Preferente. O resto disgregáronse en 3 ou 2 grupos no chamado Torneo Subdelegación, que tamén terá o seu campión.
Xa tendes os grupos debullados en www.futboldacosta.com pero repasamos aquí como son os plans competicionais, mentres esperamos os sorteos da Copa da Costa que se celebrarán a comezos de abril.
Fase de Ascenso á Preferente
Os 3 mellores de cada grupo métense na Fase de Ascenso á Preferente, para pelexar por un posto de ascenso directo, un dos fitos conseguidos nos últimos anos dende a Subdelegación. Para iso terán que disputar dunha Liga de 6 equipos a doble volta, trala cal o campión ascenderá directo e o 2º disputará o sempre infernal PlayOff de ascenso.
- En Xuvenís participan, polo norte, Soneira, Sofán e San Lorenzo, e polo sur Dumbría, Outes e Cee.
- En Cadetes, compiten Sofán, Cerqueda e Cabana polo Norte, e Cee, Outes e Dumbría no Sur.
- E finalmente, en Infantís loitarán polo título e o ascenso Sofán, Cerqueda e Camariñas polo Norte, e Dumbría, Carnota e Xallas polo sur.
Torneos SUBDELEGACION
O resto de equipos disputarán o Torneo Subdelegación repartidos en varios grupos.
En Xuvenís e Infantís hai 3 grupos (Torneo G1, Torneo G2 e Torneo G3), e trala disputa dunha volta, os primeiros e o mellor segundo xogarán semifinais e final.
En Cadetes, ao seren só 2 grupos (Torneo G1 e Torneo G2), clasificaranse para as semis do Torneo Subdelegación os dous primeiros de cada grupo.
Máis info
- Todas as táboas en www.futboldacosta.com.