Asfacos recoñece a necesidade urxente de profesionalizar os clubs do Fútbol da Costa

Boa acolida á nova charla informativa e formativa para directivas dos clubs do Fútbol da Costa a organizada pola Asociación ASFACOS. Máis dunha vintena de entidades asistiron á sesión sobre Obrigas fiscais e laborais dos clubs afeccionados, e participaron compartindo dúbidas e inquedanzas do día a día, poñendo de manifesto a enorme importancia e a preocupación real que xeran estes temas na xestión actual dos clubs deportivos.

 A xuntanza consistiu nun percorrido exhaustivo polas diferentes obrigas tributarias e laborais ás que están suxeitos os clubs deportivos non profesionais.

Xosé Ramón Riomao

No eido Fiscal (Axencia Tributaria), a sesión de Xosé Ramón Riomao, incidiu en que aínda sendo entidades sen ánimo de lucro, lembrouse que os clubs teñen responsabilidades coa Facenda Pública: IVE, Imposto de Sociedades, Retencións de IRPF e Operacións con terceiros.

Ademais, no Laboral e Seguridade Social, Xoa Vázquez fixo moita incidencia na vixilancia da Inspección de Traballo sobre a economía somerxida e na necesidade de distinguir a figura do voluntario da do traballador. 
Destacou o Impacto da Lei 7/2024, unha nova norma como unha ferramenta vital, pois permite unha bonificación do 100% nas cotizacións á Seguridade Social para entidades sen ánimo de lucro que contraten monitores ou adestradores dedicados á formación de menores de 18 anos (fútbol base).

Conclusións:

As directivas conclúen que de forma xenérica, hai un déficit de cumprimento, xa que se constatou que de xeito xeneralizado que, a día de hoxe, os clubs non están a cumprir correctamente con todos os requirimentos da Axencia Tributaria nin da Seguridade Social.

Ante esta situación, hai unha necesidade urxente de profesionalizar e adaptar a administración diaria dos clubs. "O obxectivo inmediato debe ser cumprir coa lexislación vixente para protexer ás entidades e ás súas directivas fronte a posibles sancións no futuro", sinalan dende a entidade presidida por Vinto Tajes.