martes. 18.11.2025
El tiempo

ASFACOS, en marcha a nova Asociación de Fútbol Afeccionado da Costa

ASFACOS, en marcha a nova Asociación de Fútbol Afeccionado da Costa
Imaxe da xuntanza deste luns da Asociación de clubs do Fútbol da Costa
ASFACOS, en marcha a nova Asociación de Fútbol Afeccionado da Costa

Este luns 17 de novembro de 2025, ás 20:00 horas, celebrouse no Edificio Multiusos de Santa Comba a reunión informativa da que será a Asociación de Fútbol Afeccionado da Costa (ASFACOS).
O encontro contou coa participación de 19 clubs do Fútbol da Costa, mentres que outros 7 equipos excusaron a súa ausencia. A sesión estivo presidida por Vinto Tajes (CD Muros), presidente da xestora encargada de impulsar o proceso de constitución da asociación, acompañado por José Manuel Pérez Gorgal (Xallas), Carlos Lema (UD Corcubión), Michel Rey (Cabana SD), Ricardo Serrano (SD Sofán) e Carlos Romero (Outes FC).

Durante a xuntanza, os asistentes puideron coñecer de primeira man os motivos que fundamentan a creación da asociación, así como as propostas consideradas esenciais para a defensa dos intereses do fútbol costeiro. Ademais, houbo espazo para que os clubs presentes realizasen as súas achegas e resolveran dúbidas sobre o proxecto.

A entidade agradece a colaboración do Concello xalleiro cuio alcalde propuxo que Santa Comba sexa a sede oficial da asociación.

Con este primeiro paso, ASFACOS inicia o seu camiño cara á consolidación como entidade representativa do fútbol afeccionado da Costa da Morte, coa vontade de fortalecer a unión entre clubs, defender os seus intereses e promover o deporte na comarca.

Máis novas

Comentarios