Baio acollerá un novo curso intensivo de árbitr@s

Segue medrando a familia dos arbitr@s da Costa da Morte. E ollo, que ”todo o que proba de árbitro, quédase”, como comentaba Bruno Méndez. A revolución chegou hai 3-4 anos coa chegada da Subdelegación da Costa á zona, e parece non ter fin, facendo que aumente e aumente a cantidade de árbitros necesaria para cubrir todos os partidos que cada fin de semana se xogan no noso Fútbol da Costya.

Para iso, o Comité Ténicos de Árbitros Costa da Morte-A Coruña prepara un novo curso intensivo de árbitros/as. O curso comezará o vindeiro venres 6 de marzo e serán dúas horas cada venres dos meses de marzo, abril e maio.

Tendes toda a información e o xeito de inscribirvos na web da RFGF, chamando ao 981 900 600 ou enviando un correo a costadamorte.arbitros@futgal.es.

Novas relacionadas