Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Malpica viaxou polo deporte de elite

Vero Boquete e Eva Luz en Malpica 1
Vero Boquete encheou o Centro Cívoco de Malpica
Malpica viaxou polo deporte de elite

Xornada tremendamente interesante a deste pasado luns no Concello de Malpica coa organización dunha serie de charlas deportivas de primeiro nivel.

Marcos Ordonez en Malpica Deporte

Abrían a sesión matutina os colexiados costeiros Marcos Ordóñez e Vitor Recarei, que falaron sobre as súas experiencias persoais no mundo do arbitraxe, se ben recoñeceron que os dous comezaron a arbitrar en idades moi avanzadas (con 30 e 24 anos). Un feito que, pola contra, permitiulle a Vítor aprender a disfrutar do diferente que é o Fútbol Costeiro, gracias a poñer as lentes do silbato. Marcos, pola súa parte destacou o que significa poder arbitrar en campos míticos como o Helmántico ou o Anxo Carro.

Josito Castro explicou que é e como se chega a ser readaptador. Contou, nunha charla moi técnica, a súa experiencia persoal nunha clínica, explicou casos concretos de como tratar unha escordadura ou a lesión máis típica, a rotura de ligamentos. Lembrou que Carlos Lalín foi o primeiro galego cun contrato coa palabra readaptador no fútbol profesional.

Francisco Gundín falou de nutrición para pechar a mañá.

A estrella, o FutFem

Sen dúbida, a estrella, e así o refrendou a masiva asistencia, foi Vero Boquete. Unha das mellores xogadoras do fútbol mundial, que da man de Eva Luz, ex xogadora do Victoria e do RC Deportivo, debullou como é o fútbol profesional feminino.

Vero Boquete e Eva Luz en Malpica

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios