O Bergantiños CF pide volver á Subdelegación da Costa e os clubs costeiros decidirán o seu futuro
A Real Federación Galega de Fútbol vén de convocar aos 40 clubs da Costa a unha reunión para o vindeiro martes 28 de xullo en Baio, cun único punto na orde do día: “A aprobación, se procede, da inclusión do Bergantiños CF con todos os seus equipos e seccións na demarcación A Costa da Morte”. A RFGF lembra que a decisión final da Asemblea Xeral do propio ente federativo pero antes de tomala conoca esta reunión para coñecer a posición dos clubs costeiros, que se realizará a través dunha votación segreda en furna.
O club carballés leva décadas na delegación “A Coruña/Mariñas/Arteixo”, intentando utilizar ao seu antoxo a subdelegación costeira cando lle viña mellor. Aínda o ano pasado intentou incluír unicamente o equipo B de sénior pero a súa proposta foi rexeitada polos equipos costeiros.
Desta volta, esta transición implicaría a todos os equipos (non así aos equipos de F8 das EF Luís Calvo, que quedan na Coruña). Cómpre ter en conta que os equipos A están en ligas autonómicas, pero os seus descensos caerían, polo que estes son os equipos directamente implicados que pasarían a estes grupos costeiros:
- Bergantiños CF “B” na 3ª Futgal de Afeccionados de A Costa
- Bergantiños CF “B” na 1ª Futgal Xuvenil de A Costa
- Bergantiños CF “C” na 1ª Futgal Xuvenil de A Costa de dividirse la competición en 2 grupos
- Bergantiños CF “B” na 1ª Futgal Cadete de A Costa
- Bergantiños CF “C” na 1ª Futgal Cadete de A Costa de dividirse la competición en 2 grupos
- Bergantiños CF “B” na 1ª Futgal Infantil de A Costa
- Bergantiños CF “C” na 1ª Futgal Infantil de A Costa de dividirse la competición en 2 grupos
O vindeiro mércores 29 saberemos a decisión final, na Asemblea Xeral da RFGF.