venres. 25.07.2025
El tiempo

O Fútbol da Costa faise forte e pide unha Delegación propia

Pleno da Futgal na Costa
Cheo no pleno da RFGF en Baio
O Fútbol da Costa faise forte e pide unha Delegación propia

Importante e masiva reunión a celebrada onte en Baio, no clásico plenillo convocado pola Real Federación Galega de Fútbol con todos os equipos do Fútbol da Costa para perfilar as competicións. A comitiva federativa, comandada polo presidente Pablo Prieto, acompañado do vicepresidente Juan Villamisar, ademais do Delegado da Coruña e subdelegado da Costa, Manuel Corredoira; Diego Batalla e Silvia Cancela, agradeceron a presenza de todos os clubs costeiros.

Un pleno no que se lle rendeu unha gran ovación a Manolo Ferrolán, o que foi presi da Esteirana que volvía tras superar un cancro.

O Bergan B á Costa?

Ademais da información habitual, había un punto de interese debido aos rumores xurdidos ao longo das semanas, sobre a petición por parte do Bergantiños de que o Bergan B masculino saia a competir este curso na 3ª da Costa. Os clubs amosaron o seu rotundo rexeitamento, e critican o continuo trato de favor que recibe un club como o carballés que trata de decidir onde competir segundo os seus intereses. De feito, é o único club de Galicia que está ata en 3 delegacións, unha vez que se a meirande parte dos seus equipos xogan na da Coruña, ata este ano tiveron os Veteranos na de Santiago, e o Feminino B (aínda que no caso do fútbol feminino todas as categorías estáns adscritas á Delegación Galega) na da Costa.

Con todo, e despois de tomar nota da postura maioritaria entre os clubs costeiros, a directiva deixou claro que esa decisión tena que tomar a Asemblea Xeral da Federación.

Unha Delegación propia

O debate máis intenso deuse trala petición dunha Delegación propia para o Fútbol da Costa, tendo en conta que aínda somos unha Subdelegación dependente da da Coruña. Falouse tralas claras mostras de apoio de todo o fútbol costeiro ao recentemente cesado como subdelegado arbitral Manuel Espasandín, deixando claro todos os clubs que non entenden a decisión do Comité Técnico de Árbitros.
De feito, un pai dun colexiado da Costa, apoiado por outros proxenitores, preguntoulle á Directiva cales foron os motivos do cese de Manuel Espandín, e o presidente respondeu que non coñecía exactamente a razón e analizaría o asunto co Comité Técnico.

Foi Óscar Leis, adestrador do Lira CF, o que lanzou unha proposta importante para o fútbol costeiro, tratando de tender pontes entre clubs e a a Federación para que o noso fútbol siga crecendo. Apoiado por voces do Coristanco, do Soneira, do Dumbría… e moitos máis que non tiveron tempo para diclo en alto, propuxo a creaciñon dunha 8ª Delegación para o Fútbol da Costa. Leis lembrou o acerto que supuxo a creación temporada 17/18 da subdelegación da Costa, pero entende que a día de hoxe, "dado o crecemento do noso fútbol a todos os niveis, masculino, base, feminino e mesmo a Subdelegación arbitral, é o momento de que deamos un paso adiante e pensemos en grande, convertindo o Fútbol da Costa nunha Delegación propia e así poder decidir sobre o noso fútbol e a súa xente, para que non se repita o que por exemplo lle está a suceder a Manuel Espasandin, que facendo un moi bo traballo e sendo querido por compañeiros e clubs alguén desde algún despacho lonxano a costa creu mellor cesalo”, sinalou.

A directiva non se pechou a analizar a proposta, pero deixou claro que é unha decisión que ten que levar á Asemblea Xeral extraordinaria, e que mesmo provocaría un cambio dos estatutos da RFGF.

Copa da Costa

As Ligas da Costa comezarán o 14 de setembro.

A Federación informou que a Copa da Costa 2026 comezará antes, tendo sorteo xa en setembro, para ter unha previa en outubro, e poder rematar o 24 de maio.

Ademais, en canto ao fútbol base, Xuvenís, Cadetes e Infantís farán dous grupos, ao haber máis de 20 equipos en cada categoría.

Máis novas

Comentarios