O Fútbol da Costa rexeita ao Bergantiños

Importante demostración de dignidade a que vén de demostrar o Fútbol da Costa. Os equipos da 3ª da Costa non se plegaron e deixaron claro que non queren que o Bergantiños se aproveite do noso fútbol.
O club carballés, tras décadas tratando con prepotencia aos nosos clubs, solicitaba este ano oficialmente competir co seu non equipo B sénior no grupo da 3ª FUTGAL da Costa, por entender que era máis doado para ascender. A súa intención real era dar o primeiro paso para tamén os equipos B da base, unha vez que o subdelegado da Costa conseguía que a partir deste vindeiro curso haia un ascenso directo dende o grupo costeiro á Liga Galega.
No Bergantiños, e certos medios, daban por feito a participación do club carballés na Costa. Un club que, por certo, pasa por ser o único que ten equipos en 3 subdelegacións (a maioría dos equipos xogan nas Mariñas, pero o senior B feminino xoga na Costa e os Veteranos xogaban en Santiago ata este ano).
Pero topáronse co rexeitamento dun Fútbol da Costa que está máis forte e orgulloso que nunca. Hai dúas semanas, no plenillo da subdelegación, os clubs realizaban a petición de crear unha Delegación oficial para o Fútbol da Costa. Nese mesmo plenillo, ás preguntas dos clubs sobre a participación do Bergan B no noso grupo, a directiva da Federación trasladaba a decisión á posterior Asemblea Xeral do Fútbol Galego. E na devandita asemblea, formulouse a decisión que que fosen os equipos da 3ª da Costa os que, a través dunha votación, decidisen sen aceptaban a participación ou non do Bergan B no Grupo costeiro.
O resultado da votación foi 10 votos en contra por 5 as favor polo que o Bergan B terá que competir nas Mariñas.
O prazo remataba onte luns 4 de agosto, e hoxe, a Real Federación Galega de Fútbol anunciaba que a votación saía negativa: os clubs da 3ª da Costa non queren ao Bergantiños B na competición.