Boa resposta á primeira charla da RFGF sobre as novas normas no F11

Momento da charla de Baio sobre as novas normas do futbol 11

Este pasado luns tiña lugar en Baio a primeira das dúas charlas que a Real Federación Galega de Fútbol traen á Costa sobre as regras de xogo. Unha charla para actualizármonos sobre os numerosos cambios que hai no reglamento este ano, presidida polo director do Comité Galego de Adestradores, Iván Cancela, e a directiva da RFGF Silvia Cancela.

”É importante que a xente acuda a estes eventos para que nos faga chegar todas as súas inquedanzas”, recoñece o propio Iván Cancela, satisfeito coa resposta do fútbol costeiro a esta chamada. Máis de 60 representantes do nso fútbol achegáronse a Baio para coñecer de primeira man as novidades.

O acto comezaba cun minuto de silencio polo xogador do Razo falecido hai dúas semanas, Roberto Carlos Trigo.

O colexiado Bruno Méndez, abriu a charla facendo unha presentación sobre as novas normas e atendendo ás dúbidas dos asistentes. De contado comezaba unha mesa redonda aberta a adestradores, directivos, xogadores e árbitros… Participaron, ademais do público asistente, o adestrador Ordóñez, o delegado Suso da Torriña e o xogador Doro.

Ao remate fixeron entrega da guía da mutualidade para saber como actuar, a onde ir, a quen chamar... en caso de lesión nun partido ou adestramento.


Bruno Méndez, Ordóñez, Iván Cancela, Silvia Cancela, Suso da Torriña e Doro na Charla

O día 30 de setembro toca, á mesma, hora charla sobre o F8, onde compite o Mazaricos feminino.

 

Novas relacionadas

  • A sede da RFGF de Baio acollerá dúas interesantes charlas sobre as reglas de xogo.
  • Que facer en caso de ter unha lesión?.