Luns. 23.09.2019
El tiempo

Que facer en caso de ter unha lesión?

Clinica O Burgo en Carballo trata lesións cubertas pola Mutua da RFGF
Clinica O Burgo en Carballo trata lesións cubertas pola Mutua da RFGF
Que facer en caso de ter unha lesión?

Á hora de perfilar a temporada, unha das clásicas problemáticas á que se enfrontan as directivas é saber que facer en caso de lesión. Outro día entraremos a valorar a necesidade de instalar desfibriladores nos campos de fútbol, como vai facer o Concello de Malpica, pero hoxe analizamos que facer en caso de lesión.

Se falamos dunha lesión grave, teremos que chamar ao 061, para que a ambulancia proceda a recoller ao lesionado e o leve ao Hospital de referencia.

En case de ser unha lesión non grave (chámese escordadura de nocello, de xeonllo, unha rotura de fibras…) non é necesario trasladarse ata Coruña. En Carballo atópase a Clínica O Burgo Carballo, que tamén ten convenio coa Real Federación Galega de Fútbol para tratar as lesións producidas en partidos e adestramentos.

A Clínica carballesa, que tamén ten convenio co Plan Xogade, está aberta de luns a venres en horario de 8:00h a 20:00h, polo que o luns despois do partido podes achegarte para ser tratado polos seus especialistas, facer unha radiografía… todo o necesario para tratar esa lesión.

Podes contactar a través do [email protected] e no 981971771 para ir preparando a temporada que vén.

Novas relacionadas

Comentarios