Boa resposta á primeira charla da RFGF sobre as novas normas no F11
Este pasado luns tiña lugar en Baio a primeira das dúas charlas que a Real Federación Galega de Fútbol traen á Costa sobre as regras de xogo. Unha charla para actualizármonos sobre os numerosos cambios que hai no reglamento este ano, presidida polo director do Comité Galego de Adestradores, Iván Cancela, e a directiva da RFGF Silvia Cancela.
”É importante que a xente acuda a estes eventos para que nos faga chegar todas as súas inquedanzas”, recoñece o propio Iván Cancela, satisfeito coa resposta do fútbol costeiro a esta chamada. Máis de 60 representantes do nso fútbol achegáronse a Baio para coñecer de primeira man as novidades.
O acto comezaba cun minuto de silencio polo xogador do Razo falecido hai dúas semanas, Roberto Carlos Trigo.
O colexiado Bruno Méndez, abriu a charla facendo unha presentación sobre as novas normas e atendendo ás dúbidas dos asistentes. De contado comezaba unha mesa redonda aberta a adestradores, directivos, xogadores e árbitros… Participaron, ademais do público asistente, o adestrador Ordóñez, o delegado Suso da Torriña e o xogador Doro.
Ao remate fixeron entrega da guía da mutualidade para saber como actuar, a onde ir, a quen chamar... en caso de lesión nun partido ou adestramento.
Bruno Méndez, Ordóñez, Iván Cancela, Silvia Cancela, Suso da Torriña e Doro na Charla
O día 30 de setembro toca, á mesma, hora charla sobre o F8, onde compite o Mazaricos feminino.