InicioDEPORTESUnha herculina na Queens League de Piqué

Unha herculina na Queens League de Piqué

Publicada o

Por Ubaldo Cerqueiro

O vindeiro 1 de maio arrinca a Queens League. Esta liga de F7, irmá da Kings League, creada este ano por Gerard Piqué e unha serie de personas vinculadas ao futbol e ao mundo streamer, dará outra volta á revolución do FUTFEM en España.

E nesa voráxine xa está montada unha coruñesa. Andrea Amil (1999) embárcase no Rayo de Barcelona, un dos 12 equipos que formarán nesta primeira campaña, cuio presidente é Martí Miras máis coñecido como @sporsito.

Rayo Barcelona da Queens League

Amil será a única galega da competición, á que chega coa máxima ilusión para seguir vivindo do fútbol.
Aínda na familia non o cren, e están tremendamente ilusionadas axudando a que a nena atope piso na cidade condal para mudarse canto antes.

Natural do barrio de Elviña, no seu cole, as monxas non lle deixaban xogar no patio cos nenos. Foi a partir dos 14 anos cando puido desenvolver a súa paixón, e cada venres, na Torre, era unha auténtico gusto ir xogar. Aos 14 anos enrolouse no Victoria, e xa a segunda temporada estaba xogando en 2ª Nacional. De aí ao Friol, nada menos que no Reto Iberdrola, pero tivo que volver á 2ª Galega para disputar unha campaña co Bergantiños.
Foi a tempada pasada, cando vivindo na Coruña, estudiaba unha oposición para Policía mentres alternaba traballando como monitora nun cole con nenos pequenos e de socorrista.

Pero a súa campaña chamou a atención de todo un Interrerías de 2ª RFEF, un dos trasatlánticos do FUTFEM galego. E non era para menos: fóra escollida como Mellor porteira do Fútbol da Costa e recibiu o trofeo de porteira menos batida. Xa este curso deslumbraba tamén nun partido solidario da Selección da Costa Feminina ante o Dépor B.

Este ano estaba vivindo en Pontevedra, vivindo do fútbol, e cando escoitou o da Queens League, mandou unha presentación. “Nunca pensei que ían chegar a chamar”, recoñece algo tímida. Pasou o primeiro corte, e despois unhas probas lixeiras, e quedou fichada para o Rayo Barcelona. Un ata logo ao Interrías e ao fútbol galego, a seguir soñando co mundo do fúbol, polo menos, durante esta temporada.

ÚLTIMAS

A Coruña homenaxea a Luísa Villalta, “activista polo idioma” e muller “comprometida”

Autoridades e familiares de Luísa Villalta reivindicaron a obra e a figura da escritora...

Coruña homenaxea a Luísa Villalta, a poeta da ‘Cidade Alta’

Galicia celebra un ano máis a festa da súa lingua e das súas letras. A...

Maxia e humor

Teño un problemiña cos magos e os humoristas. Dende a máis tenra infancia. Póñome...

Presentan un informe para solicitar a eliminación de 373 símbolos franquistas na cidade da Coruña

Continúa a sociedade herculina presionando para que o Concello cumpla a Lei de Memoria...

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here