Venres. 26.04.2024
El tiempo

Marea de solidariedade nos Partidos das Seleccións da Costa QPC

Partido Solidario Seleccions da Costa-Fem Comun
Foto de familia da Selección da Costa QPC co Dépor Abanca B
Marea de solidariedade nos Partidos das Seleccións da Costa QPC

Espectacular ambiente no Conco para o doble partido solidario organizado por Quepasanacosta, coa colaboración indispensable do Concello de Dumbría e o club dumbriés, ademais da Real Federacióm Galega de Fútbol, Saunier Duval, Artio, Hotel Faro de Lariño e Farmacia Miguel Fabeiro Lestón. Máis de 500 persoas ateigaron as fantásticas instalacións do Conco e permitiron entregar unha recadación de máis 1.300 euros (vendéronse todas as rifas que había) que Cruz Vermella Cee repartirá entre a familias desfavorecidas da comarca.

Partido Solidario Seleccions da Costa-Fem Ambiente no Conco
Ambientazo das grandes ocasións no Conco
Partido Solidario Seleccions da Costa-Josino Mira
Josiño Mira, un speaker de excepción

Nunha xornada comandada pola voz da Costa da Morte, Josiño Mira (Radio Nordés - Cadena Ser), disfrutouse dunha fermosa xornada que volve demostrar o potencial do Fútbol da Costa. Os combinados costeiros, que teñen como base os 11 ideais escollidos por máis de 80 persoas do noso fútbol na Gala de Premios do Fútbol da Costa - QPC celebrada o pasado verán en Malpica, competiron moi ben ante equipos de maior entidade como foron o Dépor Abanca B e o Bergantiños.

A tarde, entre os dous choques, tivo o seu momento divertido coa celebración dos sorteos dunha camiseta do Real Madrid doada por Máis Deporte Cee; unha camiseta da Selección Galega doada pola RFGF: unhas botas coa sinatura da gran Vero Boquete; e unha sobrosa noite no Hotel Faro de Lariño, gracias á colaboración de Jesús Picallo. Ben contentas marcharon para casa as agasalladas.

Partido Solidario Seleccions da Costa-Sorteos
Os sorteos

Selección da Costa Feminina - Dépor Abanca B (0-4)

Partido Solidario Seleccions da Costa-Fem

  • Selección da Costa Feminina: Andrea (Bergan/Interrías), Marcela Casal (As MIúdas), Tati Túlez (Bergan / Cambre), Elena Vázquez (Bergan / Dépor), Nerea Suárez (Cee), María Lijó (Cee), Paula Fandiño (Dumbría), Ainoa García (Dumbría), Paula Veiga (Cerqueda), Yasmina (Xallas) e Naroa Parga (Corme). Tamén xogaron: Adriana Siaba (As Miúdas), Rosío (Xallas), Saskia (Xallas), Carla Saborido (Victoria FC), Marta Calvo (Victoria FC), Tamara Ramos (Mazaricos), Eva Carril (Ponteceso), Lucía Martínez (Cee); Olalla Antelo (Xallas).
  • Dépor Abanca B: Martina, Lucía Couto, Celia, Laura Testa, Uxía Cabada, Marta Rico, Laura Otero, Peke, Tati, Sara Cerceiro, Abril; Tamén xogaron: Nuria Gómez, Uxía López, Paula Novo, Carmen, Mariño, Noela, Laura Santos, Maca, Brage, Iria Otero, Lucía Rivas.
  • Árbitros: David Cancela, Óscar Santos e Vítor Recarey; Chris Sendón (o escollido como Árbitro do Ano pasado estaba lesionado e fixo de cuarto árbitro).
  • Goles: Noela (2), Abril e Lucía.
Partido Solidario Seleccions da Costa-Fem Arbis e capis
Óscar Santos, Tati Barcia, David Cancela, Elena Vázquez e Vítor Recarey

Arrincaba o choque entre o combinado costeiro liderado por Fran Figueroa (Dumbría) e Rupper (Xallas) (axudadas pola delegada do San Lorenzo Marta Calvo) e o Dépor de Kevin Cabado. E comezaba cun claro control deportivista que marcou ritmo moi alto que aguantaron ben as costeiras, cunha gran Andrea baixo paus, facendo varios paradóns para manter ao equipo no partido e quedar só 1-0 ao descanso, gracias a un golazo dende fóra da área de Abril. Foi protagonista tamén Tati Barcia, a xogadora mazaricá agora capitana do cadro branquiazul.
Un primeiro tempo cun gran traballo en defensa de Marcela no lateral dereito, ademais das centrais Tati e a capitana Elena. A carballesa, escollida Mellor xogadora do curso pasado trala súa campaña no Bergan, foi unha das protagonistas da xornada, pois a familia deportivista (xoga no equipo herculino este ano) permitiulle xogar como capi das costeiras, e levou a ovación da xornada ao ser substituída.
Arriba Naroa facía un gran desgaste e Yasmina coas súas típicas arrancadas facía que as da Costa puideran pisar a área rival.

Partido Solidario Seleccions da Costa-Fem Yasmina
Yasmina en acción

Na segunda a entrada de Marta Calvo na banda dereita e Carla moi segura no medio, deron algo de profundidade ao equipo costeiro, pero as verdes pouco a pouco ían, cunha marcha máis, chegando á meta defendida nesta segunda metade por Adriana e despois por Rosío, que recibiron os tantos de Noela e Lucía, e que sufriron as embestidas dunha fantástica Maca facendo estragos pola banda.

Ao remate, 0-4 pero a sensación de que este grupo, se adestra algo, podería competir con equipos moiito mellores.

Partido Solidario Seleccions da Costa-Fem en xogo

Selección da Costa Masculina - Bergantiños (0-2)

Partido Solidario Seleccions da Costa-Masculina 11

  • Selección da Costa Masculina: MJ; Codesido, Breixo, Michael, Pablo Vigo; Iván Facal, Mario, Rodriguez, Lucas, Manu Romero, Darío Capelo e MC. Tamén xogaron: Xandre, Congui, Canario, Juan Lois, Iago Lema, Sandelo, Pesco, César Lojo, Bruno e Manu Nogueira.
  • Bergantiños: Alex Cobo, Estramil, Tomé, Agulló, Selles, Chapu, Uzal, Adri, Ander Pacheco, Pedrosa e Garrido.
  • Colexiados: Bruno Méndez, Luís Insua e Manuel Espasandín. Tamén Chris Sendón.
  • Goles: Ander Pachecho na primeira e Baldomar na segunda metade.
Partido Solidario Seleccions da Costa-Masc arbis e capis
Luís Insua, Agulló, Bruno Méndez, Pablo Vigo e Manuel Espasandín

Tiveron un par de baixas de última hora os adestradores Diego Lobelos (Muxía) e Marcos Domínguez (ED Carnota). O baiés Bieito e o muxián Julián non puideron estar, sendo convocado a última hora Congui (Muxía).
Saiu moi forte a Selección costeira, cun Lucas motivadisimo, presionando ben, e mesmo tendo unha moi boa doble ocasión de Lucas e Mario que acabou en córner.
O Bergan de Lemos foi tomando o mando e conseguía meterse por diante practicamente na primeira ocasión do cadro carballés cun tanto de Ander Pacheco.
Tivo o empate pouco despois MC tras unha fermosa xogada por banda con Codesido pero a vaselina quedou un pelín curta. Eran moi minutos do combinado costeiro pero o tanto non chegaba.

Comezou a segunda co segundo tanto carballés, pero a Selección non se viu abaixo. Pronto, nunha mala saída do meta visitante, Bruno estivo a piques de marcar dende o medio campo. O Bergan dominaba pero os costeiros sacaron varias internadas, como dúas de César Lojo e unha de Manu Nogueira, que ben puideron rematar en gol.

Partido Solidario Seleccions da Costa-Masculino comun

Ao remate, a familia do Fútbol da Costa disfrutou duns petiscos no pavillón, gracias ao Concello de Dumbría.

Un sabor, o do gol costeiro, que non puidemos degustar de todo a pesar da fermosa xornada vivida no Conco.

Aquí queda a Galería de fotos e un vídeo resumo:

&nbps;
 

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios