Diego, MJ e Andrea, @s Álex Pombo do Fútbol da Costa

Coñecimos onte os pichichis do curso no Fútbol da Costa. E hoxe toca saber que porteir@s van levar un balón da Olería de Buño para o seu salón, como os menos batidos da campaña 2022-2023.
Uns galardóns que, na Costa, ademais de chamarse “Zamoras”, chámanse Premios Álex Pombo, en lembranza do eterno porteiro cabanés.
Son moitos os grandes nomes que quedarán sen premio, pois malia ter feito unha gran temporada cos seus clubs, non chegan ao porcentaxe mínimo de partidos esixido, tomando como referencia que para o premio Zamora da 1ª División é necesario xogar 28 dos 38 partidos (un 73%). Porteiros como Buguy ou Iván Bouzón (Fisterra), Anxo (Dumbría), Hugo (Muxía) ou Marcos (Corcubión).
Sexa como for, repasamos os datos.
Premio Álex Pombo de 1ª e Preferente
Diego, o meta do CD Baio, consegue o galardón por diante de Iván Baña e Javi Souto.
Premio Álex Pombo 2ª e 3ª Galicia
O premio non tivo dúbida nestas categorías pois a superioridade da Esteirana, e o gran papel do seu porteiro permitiulle encaixar só 15 goles en toda a temporada a MJ, o Álex Pombo das Ligas da Costa.
Premio Álex Pombo do FUTFEM

Andrea, a meta do Bergantiños, é a porteira menos goleada dos equipos costeiros.
Repaso das Galas
- 2022: O Premio do Árbitro do Ano da Gala do Fútbol da Costa QPC levará o nome de Lucas Vicente Vidal.
- 2022: Volve a Gala do Fútbol da Costa - QPC con 40 premios.
- Gala 2019: O Fútbol da Costa pechou o curso 18/19 na VI Gala QPC.
- Gala 2018: A Gala QPC puxo en Santa Comba o emocionante broche de ouro á temporada do Fútbol da Costa.
- Gala 2017: A emoción, protagonista da Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2016: Unha Gala para seguir unindo o Fútbol da Costa.
- Gala 2015: O Outes, Iago, e Álex Pombo foron os protagonistas da II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
- Gala 2014: QPC entregou os premios do Fútbol da Costa 2013-2014.
- 2013: Presentación do Álbum: A noite das estrellas do Fútbol da Costa.