O Dumbría consegue o ascenso á Liga Galega Cadete
O Dumbría Cadete vén de protagonizar un fito histórico. O equipo dirixido por Huelvis vén de ascender á Liga Galega. Faino ademais nun ano complexo, despois de competir en toda unha 1ª FUTGAL, con equipos de Compostela, Cuntis, ou mesmo Cambados, ademais dos Coristanco e Outes, onde precisamente gañaba pola mínima esta fin de semana. Unha Liga de longas distancias, pero moi parella, moi bonita de competir, sen as diferencias que pode haber na Liga Galega.
O cadro costeiro, unha auténtica selección comarcal, consegue o ascenso ademais con 7 xornadas de marxe, o que dá conta do temporadón que está facendo o equipo, que suma 19 vitorias, 2 empates e 2 derrotas.
De feito pode que sexa o único ascenso de todo o fútbol base costeiro, pola nova restruturación das categorías de base en Galicia. Pero diso xa falaremos con calma.
Plantel do cadete do Dumbría CF. 24/25
- ANTON CHOUZA (Carnota, no club desde Cadete de 1º ano.).
- LOIS CALVO (Muiño- Zas, no club desde esta temporada).
- DANIEL CASTRO (Camariñas, no club desde Alevin).
- PABLO COSTA RAMOS (Cee, no club desde Biberón).
- RUBÉN DIAZ (Sardiñeiro- Fisterra, no club desde Alevín).
- MIGUEL ESTEVEZ (Porteiro, Fisterra, no club desde Alevín).
- MARIO FERREIRO (Corcubión, no club desde cadete de 1º ano).
- ELOY FIGUEROA (Quintáns- Muxía, no club desde Alevín).
- RENÉ MIGUEL GAVILÁN (Cee, no club desde esta temporada).
- GEORGIOS GIANICOPULOS OZON(Dumbría, no club desde Infantil).
- NICOLÁS LEMA (Porteiro, Dumbría, no club desde Benxamín).
- ELIAS LOPEZ (Laxe, no club desde esta temporada).
- DIEGO MANEIRO (Sorna-Muxía, no club desde esta temporada).
- ALEIX MARCH (Porteiro, Camelle- Camariñas, no club desde Alevin).
- MONTERO RIOS, GORKA (Cee, no club desde benxamín).
- RONALD ÑAURI YANEZ (Cee, no club desde Infantil).
- SAÚL PASANTES (Camariñas, no club desde Cadete de 1º ano).
- LUCAS NUNO PÉREZ (Camelle, no club desde esta temporada).
- DANIEL PERISCAL (Arantón-Santa Comba, no club desde cadete de 1º ano).
- PABLO REY TOJA, (Cee, no club desde Biberón).
- PABLO TABOADA (Cee, no club desde Biberón).
- IKER V. PAMPIN, (Ponte do Porto- Camariñas, no club desde Benxamín).
Ademais, durante esta tempada tamén participaron varios infantís:
- Unai Rodríguez (Senande- Muxía, no club desde pre- benxamín).
- Brais García (Fisterra, no club desde esta temporada).
- Manuel Casais (Fisterra, no club desde esta temporada).
- Gabi Marcote (Fisterra, no club desde esta temporada).
- Eloy Casais (Porteiro, Dumbría, no club desde pre- benxamín).