luns. 17.03.2025
El tiempo

As Selección da Costa Femininas demostran o seu potencial na primeira fase do Campionato Galego

Capi da Seleccion da Costa sub11 fem 2025
A ceense Marina, capi da Seleccion da Costa sub11
As Selección da Costa Femininas demostran o seu potencial na primeira fase do Campionato Galego

Acodiron a Pontevedra as Seleccións da Costa sub11 (F8) e sub13 (F11) para participar na primeira fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais masculinas e femininas .

Os combinados costeiros sumaron diferentes puntos (mellor papel das rapazas que dos rapaces) neste formato de Liga, que continuará na segunda fase, coa intención de colarse entre as 4 primeiras para participar na soñada Fase Final.

Selección da Costa Sub 11 Fem

Seleccion da Costa sub11 fem 2025

As Amarelas,vixentes campionas galegas, añinda que a meirande parte xa forman na sub13, non fixeron un mal papel sumando 2 vitorias e 2 derrotas, e sumando 6 puntos de cara á segunda fase. Venceron a Lugo e a Ourense (por un doble 3-1), pero caeron con A Coruña e Ferrol (con sendos 3-0).
Na segunda fase poderían superra a Pontevedra, que queda con 7 puntos, así como a Coruña e Ferrol, que suman 9.

Xogadora da Seleccion da Costa sub11 fem 2025
A carballesa Yesslyn

Lista Seleccion da Costa sub11 fem

Selección da Costa Sub 11 Masculina

Seleccion da Costa sub11 masculina 2025

Os chicos sub11 sumaron 2 empates, ante Ferrol (2-2) e Ourense (0-0); pero caeron ante Lugo (1-3) e Coruña (0-4). Complicado teñen o pase os de Carlos Romero, Tomé e Marcos.

Lista Seleccion da Costa sub11 masc

Selección da Costa Sub 13 FEM

Seleccion da Costa sub13 fem 2025

As poderosas costeiras sumaron unha vitoria (3-0 ante Lugo) e unha derrota (1-0 ante Vigo) nos seus partidos demostrando que poden estar moi arriba na segunda fase. Suman 3 puntos, só con Santiago e Vigo por riba, con 4, polo que as espectactivas está totalmente abertas.

Lista Seleccion da Costa sub13 fem

Selección da Costa Sub 13 Masculina

Seleccion da Costa sub13 masculina 2025

Peor sorte tiveron os rapaces de F11 que caeron ante Lugo 1-3 e ante Vigo 6-0.

Lista Seleccion da Costa sub13 mas

Comentarios