Dumbría e Outes completan, co EFC Carnota, o trío de campións de base
- Os 3 equipos estrearán o ascenso directo á Preferente.
A semana pasada era o EF Concello de Carnota o que se proclamaba campión da Liguilla de Ascenso á Preferente en categoría Infantil. Esta pasada fin de semana había que decidir os campións das Ligas Xuvenil e Cadete, cos dous equipos que estrean esa nova praza de ascenso directo á categoría Preferente.
O Dumbría, en xuvenís
En Xuvenís, será o Dumbría de Josema (o coordinador deportivo do club, ademais) e Mataso o que volva á categoría autonómica. Tras unha fase moi igualada, o cadro dumbriés non fallaba en Vimianzo, vencía 0-4 ao Soneira e facía inútiles as vitorias de Sofán e San Lorenzo, que quedan a só 2 puntos dos dumbrieses. Espectaculares tamén as traxectorias dos dous equipos carballeses, sendo o SanLo dirixido por Riki Moya, por golaveraxe individual, o que probe sorte nas sempre complicadas promocións de ascenso.
O Outes, en Cadetes
Tiña unha final no Carral o Outes, ante un Sofán que chegaba a só 2 puntos de distancia. E non fallaron os de Carlos Romero, venceron 1-3 cos goles de Hugo Antelo e Andrés Martínez (2), e confirmaron o seu título e ascenso (que se suma ao das sénior feminino.