mércores. 22.04.2026
El tiempo

Xallas, Carnota e Dumbría celebraron os títulos dun F8 que xa pensa na gran festa da Copa

Xallas Cmapion Alevin F8 25-26
O Xallas celebrando o título de campión Alevín 25-26
Xallas, Carnota e Dumbría celebraron os títulos dun F8 que xa pensa na gran festa da Copa

Remataron esta semana as segundas fases das Ligas de F8 da comarca, e xa temos campións nas tres categorías. As divertidas ligas de Alevíns, Benxamíns e Prebenxamíns determinaron os seus campións.

Xallas, campión Alevín

Plantel Xallas Campion Alevin F8 25-26
O equipo de Doro

Cómpre destacar o papel dos alevíns do Xallas, dirixidos por Doro. Unha fornada que leva arrasando dende prebenxamíns, gañando todos os títulos de Liga e de Copa, excepto unha.

Os verdes venceron 3-4 en Laxe e culminaron unha temporada inmaculada, sumando 20 vitorias e 1 empate nos 21 partidos das dúas fases.

Carnota, campión benxamín

EF Carnota campion Benxamin f8

En Benxamíns, o campión foi o EFC Carnota. O equipo dirixido por Fernando fixo pleno tamén tras vencer 1-3 en Fontenla.

EF Carnota campion Benxamin f8 2

Dumbría, campión en Prebenxamíns

E en Prebenxamíns, a cousa estivo máis apretada, e foi o Dumbría o campión tras vencer ao Xallas 1-3. Riqui e Evaristo conta con rapaces de toda a comarca (Dumbría, Corcubión, Puenteceso, Camariñas, Mazaricos, Vimianzo, Muros…).

Campións Prebenxamíns de A Costa.

A festa da Copa

O F8 xa pensa na festa da Copa da Costa, nesa fase final que se vivirá o sábado 2 de maio en Santa Comba, e na que se clasifican 8 equipos por categoría (os da fase polo título, os primeiros dos grupos copeiros e o mellor segundo), que disputarán nunha mesma xornada cuartos, semis e final.

Aínda falta por facer o sorteo de emparellamentos, pero os clasificados que son os seguintes:

  • CATEGORÍA ALEVIN: Xallas C.F., EFC Carnota, Laxe S.D., E.F.C.C. Juan Cabrejo, E.D. Os Miúdos, Outes C.F., Sofán e S.D. Esteirana.
  • CATEGORÍA BENXAMIN: E.F.C. Carnota, Xallas C.F., Sofán S.D., Soneira S.D., Cabana S.D., E.D. Os Miúdos, U.C. Cee, Outes C.F.
  • CATEGORÍA PREBENXAMIN: C.F. Dumbría, S.D. Cababa, Xallas C.F., E.F.C. Carnota, SD Coristanco, S.D. Fisterra, U.D. Cerqueda e Sofán S.D.
  • FINAL TORNEO DELEGACIÓN G.3 ALEVIN: Sofán S.D. B – Xallas C.F. B.

Máis novas do ano pasado

Comentarios