Elena Vázquez, subcampiona de España coa Selección Galega sub15

Elena Vazquez coa copa de subcampiona de España

Histórico subcampionato o colleitado pola Selección Galega Sub15 esta mañá en Cartaxena no Campionato de España de Seleccións Autonómicas. As galegas caían con orgullo ante Andalucía na finalísima do torneo por 1-3, despois de terse clasificado nunha agónica quenda de penaltis ante Madrid.

Precisamente a nosa representante no combinado galego, a carballesa Elena Vázquez, habitual xa na Selección Española marcaba onte dende os 11 metros e hoxe non fallaba nun 11 inicial no que é fundamental no eixe da defensa.

Elena, segunda pola dereita na fila de arriba, no 11 inicial da final

As galegas non puideron coas andaluzas, que foron mellores na primeira media hora anotando dous tantos. Recurtaba ao comezo da segunda o cadro pero as andaluzas sentenciaban contra o final, deixando ás nosas unha medalla de prata que doe, porque crían na vitoria, pero que enche de orgullo a todo un país.

NOVAS RELACIONADAS