Elena Vázquez: “O grupo de amigos que teño dende Biberóns no Bergan é o que me mantén aquí”
A vindeira semana, os 25, 26 e 27 de abril, unha carballesa vivirá nas Rozas unha experiencia incrible ao ser convocada pola Selección Española Sub-15. Unha nova que non sorprende tanto á familia, que leva vendo como a rapaza, nada en 2007, despunta coa Selección Galega en cada campionato estatal.
Falamos de Elena Vázquez da clásica xogadora que xa foi veterana dende pequena. Arrincaba xa nas Escolas Luís Calvo aos 3 anos e medio, despois de levar dende o berce indo a ver ao seu irmán, Marci, dous anos maior que ela, nas Eiroas. Tíñao claro, quería xogar ela tamén, e dende aquel ano de Biberóns, continúa co seu grupo de amigos, agora cadetes de primeiro ano na Liga Galega, formando un grupo inseparable. De feito, esa amizade é a que lle está retrasando a súa marcha a algún equipo grande (non se pon teito, ollo), pois xa son varios os que levan preguntando por ela nas últimas temporadas.
A día de hoxe, compaxina a súa participación na Liga Galega Cadete co equipo Sénior Feminino, co que busca o ascenso á categoría nacional.
Non se atopa con facilidade unha rapaza de 15 anos, cunha gran boa disposición táctica, cunha fantástica toma de decisións, e cun desprazamento absolutamente impresionante. “Cando imos aos campionatos estatais ves o persoal da Federación Española, e xa ves que están botando un ollo”, explica Inés, a súa nai. “Non o esperabamos directamente pero si sabíamos que había algo, polo que xa nos ían comentando” os adestradores sobre unha das capis do combinado galego.
Dende a familia sempre a apoiaron, a pesar do esforzo que significa andar carrexando dous “futbolistas” de arriba para abaixo, con . “Son moitas horas as que levamos pasadas nos campos de fútbol, compaxinando moitos días de adestramentos, e varios partidos na fin de semana”, recoñece. “Pero o sacrificio, cando ves que o disfrutan, queda nun segundo plano”, recoñece, valorando ademais que o irmán, Marci, está a piques de gañar a Liga Xuvenil co Sofán.
Mentres viven días de “emocións”, de “moita alegría”, de chamadas constantes de amigos, profes, adestradores… dende a familia valoran a súa responsabilidade. “Quedan sós á volta do cole, de 15:00h a 17:00h, e sei que están estudando”, explica a nai. “Hai días que chega 22:00h, como cando volvía da fin de semana do campionato de seleccións de Arteixo, desa tremenda experiencia, e aínda se puxo a estudiar… ata cando faga falta”. Así o avalan as súas notas. “É unha nena de noves, e non nos fai falta estar detrás dela”, recoñece con orgullo de nai.
Falamos con Elena:
- QPC: Bueno, como levas estes días? Non todos os días se vai ao IES cunha nova coma esta?
Moi contenta. Viñeron moitos meus compañeiros do IES Parga Pondal a darme a noraboa.
- QPC: Toda a túa carreira no Bergan. Quen foi o foron super importantes nestes anos?
Os máis importantes son os meus amigos todos que empezaron comigo de rapaces o mesmo día ca min, e seguen estando aí no equipo de cadetes.
Pero un adestrador que me marcou moito, en Biberóns, foi Fernando Villar, que sigo tendo contacto con el. Por suposto tamén Gueli, no sénior, e Txema nos cadetes.
- QPC: Ademais dese grupo de amigos que tes no equipo de cadetes, que che aporta o fútbol mixto?
Axúdame no aspecto físico. Noto que é máis esixente.
- QPC: Que valoración das do traballo do clube no futbol femenino, un dos pioneriros na Costa?
Están traballando moi ben e espero que sigan subindo.
- QPC: Cres que este ano pode haber ascenso?
Creo que si. Polo que nos di Gueli, pode que este ano ao final ascendan 2. Vemos que o Lóstregho vai moi forte, pero se poden ascender dúas, temos temos posibilidades.
- QPC: Pero vaia, vendo a túa progresión, como ves o teu futuro deportivo? Faríache ilusión fichar por un equipo como o Dépor? Ou pensas mesmo en algo máis arriba?
Por agora estou ben aquí. O do Dépor (son do Dépor e algo do Madrid tamén) véxoo bastante ben, porque pouco a pouco está subindo o nivel feminino en Galicia, e espero que siga así. Pero se chama un equipo máis grande tamén.
- QPC: Cres que o bo campionato que fixo a Selección Galega, e o teu en particular, foi o escarate perfecto para dar o salto á Seleccion Nacional?
Si, claro. Foi un espectáculo, porque iamos convecidas de gañar, e co apoio da afección e de todas puidemos facelo.
- QPC: E a nivel persoal, xa tes vivido experiencias coma esas, pero que significa ir unha fin de semana con amigas de toda Galicia a facer o que vos gusta?
Xa fun en 2018 a Murcia, e en 2019 ca Sub12 a Valencia, e sinto que fago ca selección moitas amigas, e facemos un grupo moi bo. Temos un grupo de whastapp e falamos todos os días.
- QPC: Que esperas da convocatoria coa Selección Española? Como a afrontas?
Vai ser unha experiencia nova. Vou aprender moito e a coñecer xente nova. Ademais vou Abril Pazos de Santiago.
- QPC: E faiche ilusion xogar a Copa da Costa?
Si, porque é a primeira vez que xogo a Copa da Costa. Temos que ver as eliminatorias e ver se gañamos.
- QPC: E falando das cousas importantes, sabemos que ademais es moi boa nos estudos. Xa sabes que queres estudar?
Gústame aprender. Estou en 3º da ESO, para o ano que vén xa toca escoller, terei que falar coa orientadora a ver, pero por agora gústache máis as letras. E cando remate Bacharelato gustaríame facer algo relacionado co deporte, ou profesora de educación de Primaria.
- QPC: E ademais do fútbol? Que outras cousas che gustan?
A Música, que sempre levo un altavoz a tope, no vestiario. Pinchamos trap e regeaton, cancións que nos animen, e cancións galegas para animar.
Ademais, gústame ler libros, aventuras, de misterio. O último que lin foi “Mentira”, un optativo para o IES. Tamén me escribir, os deberes.
- QPC: Por certo, que che pareceron os cromos?
Pois parecéronme moi ben. Aínda me quedan algunhas xogadoras dalgún equipo, pero o Bergan teño todo completo. Cando me tocaban as miñas amigas mandaban unha foto e elas a min.
Novas relacionadas
Máis novas do Futfem da Costa
Novas do Álbum do FútFem Galego