Elena Vázquez, subcampiona de España coa Selección Galega sub15

Histórico subcampionato o colleitado pola Selección Galega Sub15 esta mañá en Cartaxena no Campionato de España de Seleccións Autonómicas. As galegas caían con orgullo ante Andalucía na finalísima do torneo por 1-3, despois de terse clasificado nunha agónica quenda de penaltis ante Madrid.
Precisamente a nosa representante no combinado galego, a carballesa Elena Vázquez, habitual xa na Selección Española marcaba onte dende os 11 metros e hoxe non fallaba nun 11 inicial no que é fundamental no eixe da defensa.

As galegas non puideron coas andaluzas, que foron mellores na primeira media hora anotando dous tantos. Recurtaba ao comezo da segunda o cadro pero as andaluzas sentenciaban contra o final, deixando ás nosas unha medalla de prata que doe, porque crían na vitoria, pero que enche de orgullo a todo un país.