Fin de semana de torneos de base pola Costa

Esta fin de semana, ademais das competicións sénior aínda vivas, teremos unha marea de torneos de fútbol base pola volta. As Eiroas, Fontenla, Lombáns, O Carral, O Cairo e Xaviña acollerán importantes citas para fomentar a nosa canteira.

Torneo Luís Calvo

O torneo dos torneos tamén ten lugar esta fin de semana, dende as 10:00 do sábado ata a tarde dominical (o domingo empezan ás 11:00). O Campo de Fútbol As Eiroas volverá a acoller unha nova edición, e xa van 15, do Torneo Internacional Alevín de Fútbol Concello de Carballo Memorial José Luis Vara Oliveira, xa todo un referente a nivel nacional.

Estarán en Carballo equipos como Sporting de Gijón, Athletic de Bilbao, Deportivo, Celta, Xuventude Oroso, Atlético de Madrid, o anfitrión- Escolas Luis Calvo Sanz- e o vencedor das dúas últimas edicións, o AFA Angola.

Torneo no Carral

Despois do exitoso torneo da semana pasada, a SD Sofán vai pechando o curso e faino agora co torneo das categorías prebenxamín e Biberón. Durante a mañá do sábado, os máis pequechos disfrutarán dun evento de máximo nivel.

III Malpica Vidu Cup

A cita será o sábado 8 de xuño, e se dispersarán os partidos entre o campo do Cairo, de Corme, e o de Xaviña de Buño, no que participarán os seguintes equipos: Pontevedra CF, da SD Compostela, do RC Deportivo da Coruña, do Bergantiños CF, do Racing Club de Ferrol, do GD Chaves, da Selección da Costa e da Selección Coruñesa.

Xallas Cup

Por Fontenla, Santa Comba, celébrase a Xallas Cup, nas 4 categorías de F8. O programa é completito:

 

Torneo en Carnota

A Escola de Fútbol de Carnota prepara o sabado 8 de xuño no campo de fútbol de Lombáns, para as categorias prebenxamin, benxamin e alevin. Neste torneo haberá 21 equipos das 3 categorías, como son o SD Fisterra, Camariñas, laxe..entre outros e alguns da zona de santiago como o Noia CF, Amio SD e E.F. Boqueixon.
O horario do mesmo sera desde as 10:00 ás 21:00.

Ademais a escola carnotá aproveita para enviar o cartel da apertura do prazo de inscrición diridixo da Biberóns (anos 2014/2015/2016), prebenxamíns (2012/2013), benxamíns (2010/2011), alevíns (2008/2009) e como novidades este ano van intentar xuntar xente para ter equipo Infantil (2006/2007) e cadete (2004/2005). O prazo de inscricion abreuse o 27 de Maio, e para mais informacion ou para inscribirse, pode facerse no correo: efconcellodecarnota@gmail.com; e nos telefonos 981857032 / 660830982.