Fisober: Vitoria na pista e empate no campo

Xogadoras do Fisober no San Paio de Refoxos co Cee e Dumbria-Foto-Vet Dumbría

Nova xornada de Liga, con vitoria, dun Fisober que se enfrontaba tamén o domingo na xornada da Liga de F7 no derbi entre Cee e Dumbría. Se no campo de San Paio de Refoxos as xogadoras do Fisober, unhas no Cee e outras no Dumbría, asinaban táboas, o sábado nas ID de O Conco en Dumbría sumaban unha nova vitoria.

LIGA GALEGA FEMININA- PREFERENTE GALICIA, xornada 6

  • RESULTADO: FISOBER FSF – POIO PESCAMAR B (5-0).
  • FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, María Dumbría, Uxía; tamén xogaron: Adriana, Ana, Mai, Nuriña,Saray, Lucía Martínez, Barca.
  • Goles: 1-0 minuto 7 Patri, 2-0 min 16 Ana, 3-0 min 18 María Dumbría, (descanso), 4-0 min 27 Saray, 5-0 min 37 Barca.

Chegaba a Dumbría o cuarto clasificado o filial do equipo da máxima categoría para enfrontarse ao terceiro o Fisober, pero as costeiras lévaronse os tres puntos e seguen contando por triunfo os seus partidos coma locais.
O Fisober consciente da importancia do rival saiu moi concentrado e intenso. As de Fran Toba con constantes rotacións e implicando a tódalas xogadoras puxo un forte ritmo para sacar o partido adiante. Aos sete minutos Patri poñía en vantaxe no electrónico as costeiras que xa non deixaron a dianteira. As locais seguían percutindo e pronto Ana e María Dumbría ampliaban a renda antes do descanso.
Non decaeu o impulso na segunda, demostrando a súa superioridade.

A vindeira semana outro importante partido para o Fisober que visita ao segundo clasificado o Vilalba que leva uns número moi parecidos as costeiras xa que solo deixou de sumar fronte ao Meigas.

Patri Romani co Fisober

Máis crónicas do FSF.

Novas do FUTFEM