Mércores. 24.04.2024
El tiempo

FSF: Importante vitoria do Fisober ante unha das súas bestas negras

Fisober FSF Senior feminino
O Fisober estreaba equipación neste partido
FSF: Importante vitoria do Fisober ante unha das súas bestas negras

O Fisober sacou un importante triundo adiante ante un rival que chegaba imbatido a esta xornada e que era unha pequena besta negra coma local, xa que por exemplo a tempada pasada gañaron por 6-2 con solvencia.

Liga Autonómica Preferente Galicia, xornada 5

  • Resultados: SD GAIOLA – FISOBER FSF (1-2).
  • FISOBER: Sharay, Patri, Paula, Ana, Nuriña; tamén xogaron: Adriana, Barca, Mai, Saray, Lucía Martínez, María Dumbría, Uxía.
  • Goles: 1-0, m.17 Estela, (descanso), 1-1, m.25 Paula Fandiño, 1-2, m.39 Barca.

O partido era moi igualado coma se previa pero o Fisober coma tódolos partidos estaba a ter as súas ocasións pero segue a errar demasiado de cara a porta. E cando se chegaba aos últimos minutos da primeira metade era Estela a que poñía o primeiro gol e trastocaba os plans das de Fran Toba.

A volta de vestiarios o Fisober intentou igualar o partido e fixo aos cinco minutos cun gol de Paula Fandiño para poñer as táboas no electrónico. As costeiras seguiron arriscando e traballando na busca de darlle a volta definitiva ao marcador e tendo ocasións para facelo pero o ansiado gol non chegaba.
E cando parecía que o empate a un era o resultado final apareceu Barca para facer o un a dous e darlle tres importantes puntos as costeiras dentro xa do último minuto.

Categorías Inferiores

Fisober Infantil Masculino
Fisober Infantil Masculino

Dobre xornada da tarde do domingo para o Fisober en categoría infantil e cadete masculina disputada no PM de Cee debido ao concerto do sábado nas ID de O Conco.
Na Liga Galega Infantil Masculina e dentro da xornada 5 dentro do grupo Norte A nun partido disputado na tarde do domingo no PM de Cee coa visita do Stellae FS Karymo Peluqueros co resultado de igualada a 3 goles.

Na Liga Galega Cadete Masculina, visitaba Cee o Los Tres Monos Lago Dvsport e co triunfo costeiro por 10 a 3.

Máis crónicas do FSF.

Novas do FUTFEM

Comentarios