Xoves. 18.04.2024
El tiempo

FUTFEM: Cee e Dumbría asinan táboas no primeiro capítulo dun duelo que será histórico

Cee-Dumbria feminino-Foto-Vet Dumbria 2
Imaxe do Cee-Dumbria feminino-Foto-Vet Dumbria
FUTFEM: Cee e Dumbría asinan táboas no primeiro capítulo dun duelo que será histórico

Intensa a nova xornada das ligas femininas, que tiña un foco de atracción no San Paio de Refoxos. Cee e Dumbría asinaron un fermoso partido que deixa ao Cee preto do Xallas, que se mantén líder con 4 vitorias en 4 partidos, e co Dumbría asomando a cabeza na zona alta do Gr.4, igual que as Miúdas. Os 4 equipos parece que estarán na metade alta desta desigual 2ª Div.
O Mazaricos aprazou o seu partido para a vindeira finde, pois non hai liga.

No Gr.2, a mellor nova foi a primeira vitoria da historia do Ponteceso. Tamén venceu o Corme mentres que o Cerqueda segue en puntuar, pero vai mellorando e só perdiu 3-0 ante o líder.

 

2ª Div. Feminina, Gr.2, xornada 4

Cerqueda - Meicende (0-3)

  • Cerqueda: Paula, Jimena, Lucía Rod., Pauliña, Tati, Irene, Sonia, Raquel, Nuria, Inés e Isa. Tamén: Vane, Mariña e Carla.

Bo partido das locais que deron a cara ante un dos cocos da competición. Ben plantadas no campo e empezando a competir cara a cara ante calquera rival, puxo dificultades para xerar ocasións de gol ao equipo visitante durante todo o partido.
O primeiro sería nunha chegada por banda mentres que o segundo sería grazas a un balón longo despois de que Inés non acertase a rematar dentro da área rival, con 0-2 chegouse ao descanso pero sen máis ocasións de perigo.

No inicio da segunda parte un rexeite serviría para subir o 0-3 final, aínda que o partido non acabou aí porque as locais empezaron a xerar perigo na portaría rival mesmo fallaron un gol a porta baleira por culpa dos charcos que se formaron coa choiva.

 

Curtis - Corme (0-9)

  • Corme: Belén (Carmen); Ana (Aurora) Aroa, Irene, Vero (Candela), Nati; Olalla (María) Ana, Carla, Cris (Julia) e Naroa.
  • Goles: Naroa (4), Carla (2), Julia, Nati e Cris.

Equipo moi novo este Curtis, en período de inciaciación, pero cunha actitude positiva. O Corme, de estreo pero non tan noviño, intentou desbloquear aspesctos do xogo que aínda se lle resisten no comezo de curso, e sempre con respecto foi marcando tantos.
A destacar o debut da guardameta Carmen e a estrea goleadora dunha das pequenas do equipo, Cristina (14 anos).

 

Ponteceso - Xuv. Crendes (4-1)

11 do Ponteceso fem

  • Ponteceso: María Lema, Lauriña, Lucía, Andrea Varela, Eva, Andrea Rod., Myrella, Ainhoa, Sabrina, Miriam e Silvia. Tamén: Virgi, Noe, Laura Amado, Noelia, Laura Rod.
  • Goles: 1-0, m.20: Andrea a pase de Muíño; 2-0, m.25: Andrea; 3-0, m.33: Lauriña; 4-0, m.47: Silvia; 4-1, m.80.

Arredor de 150 persoas quixeron acompañar ás bravas de Curro para sumar a primeira vitoria do cadro. As pontecesáns sairon presionando arriba e roubaban e creaban ocasións. Pronto marcou Andrea tras unha gran xogada de Muíño. Eran fantásticos minutos das locais que sometían ás visitantes: Andrea facía o seu segundo tanto en xogada individual e Lauriña remataba unha xogada colectiva para facer o terceiro tanto. Silvia mandou ao longueiro antes do descanso o que puido ser o cuarto, pero nada máis saír non fallaba e marcaba o gol da tarde, cun golazo dende 30 metros pola escuadra.

A partir de aí as visitantes arriscaron e chegaron á meta que defenderon as porteiras María e Colores pero non sufriron demasiado.

Ponteceso SD Feminino
As pontecesás celebrando a primeira vitoria
 

2ª Div. Feminina, Gr.4, xornada 4

As Miúdas - Dubra (9-0)

11 das Miudas

  • As Miúdas: Adriana, Uxía, Elba, Sofía, Saray, Noa, Ana Romero, Saray, Paula, Leti, Bárbara e Paty, Tamén: Alba, Claudia, Carlota, Marcela e Ximena.
  • Goles: Paty (3), Lara, Elba, Saray, Ximena, Marcela e Bárbara.

Nova vitoria das Miúdas de Lucho que tivo unha primeira media hora igualada, e tardou ata os últimos 10 minutos da primeira metade para abrir a lata. 3 goles en 10 minutos deixaban o camiño claro para que na segunda, con máis dominio, foran caendo tantos a pesar das continuas paradas da meta visitante, destacando desta volta o triplete da capi Patu.

 

Cee - Dumbría (1-1)

  • Cee: Noemí, Lucía Rod., Andrea, Alba, Nerea, Lucía Canosa, Saray Duarte, Sharay Caamaño, Uxía, Lucía Martínez. Tamén: Lucía Facal, Laura, Ruth e Antía.
  • Dumbría: Lissette, Noa, Carril, Yaiza, Eva, Mai, Kelly, María das Carisas, Fandi, Ainoa e Claudia. Tamén: Sabela, Juliette, Reyes e Icía.
  • Goles: 0-1, m.36: Fandi; 1-1, m.63: Sharay Caamaño.
Cee-Dumbria feminino-Foto-Vet Dumbria 3
Cee-Dumbria feminino-Foto-Vet Dumbria

Partidazo no San Paio de Refoxos, un dos máis esperados desta tempada. Ao choque chegaba un Cee imbatido, solvente, seguro; e un Dumbría con todo por vivir.
As dumbrieses formularon un partido intenso, incomodando en todo momento ás ceenses que atopaban o seu xogo, sobre todo nunha primeira metade na que o vento soplaba a favor das visitantes e a chuvia estaba demasiado presente.

O choque disputábase no campo ceense, con ocasións para Ainoa, Kelly ou maría das Carisas; pero Lissete tamén tivo que solventar un man a man das locais. Sería a capi Paula Fandiño a que marcaba co exterior deixando en vantaxe ás de Fran Figueroa no descanso.

Calmou a chuvia e o vento na segunda, e o Cee foise arriba, trasladando o xogo a campo dumbriés, pero atopándose un bloque moi firme. As presas das locais xogaban na súa contra que intentanban chegar pero non estaban finas, mentres que as dumbriesas sacaban algunha contra rápida. O Cee sacou petroleo do único despiste das defensas tras un balón rexeitado dun saque de esquina no que Sharay estivo máis atenta para poñer a igualada.

A partir de aí as ceenses seguían máis arriba pero sen claridade, asinando táboas nun bonito duelo costeiro que seguro terá unha boa serie de capítulos da historia do fútbol feminino da Costa.

 
Cee-Dumbria feminino-Foto-Vet Dumbria
Foto-Vet Dumbria

Xallas - Nicrariense (3-1)

  • Xallas: Luchy; Laura, Alí, Saskia e Andrea Otero; Paula Barcia, María, Michelle; Yasmina e Xastia e Olalla. Tamén xogaron: Yaiza, Leti, Paula, Varela e Inés.
  • Goles: 1-0, m.11: Yas; 2-0, m.30: Michelle; 2-1, m.46; 3-1, m.72: en propia.

O Xallas iniciou con Luchy na portería pola lesión nun xeonllo de Rosio. Foi nn partido frío e con pouco ritmo ademais de pasado por auga e vento. O Xallas marrou numerosas ocasións para incrementar o resultado pero foise o descanso co 2-0. Na segunda metade o Nicrariense marcaría nun desasuste defensivo nada máis saír pero pronto o Xallas anotaria o definitivo 3-1 e sumar tres puntos para seguir no alto da clasificación unha semana máis.

 

A Tribuna FUTFEM

Máis crónicas do #FUTFEM

Táboa do Gr.2 da 2 Div.- Fem

Táboa do Gr.4 da 2 Div.- Fem

Comentarios