O Fútbol da Costa colle o micro

Vía Rápida, Pablo Novo, Moriño e Michael

Esta fin de semana o Fútbol da Costa colle o micro e salta aos escenarios. Se xa falamos da interesante charla sobre violencia nos campos que se celebra o venres 25 ás 20:30h no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo, o sábado será o Camping Lago-Mar de Merexo o que acolla unha xornada moi especial.

Xa contamos que no Camping muxián son moi futboleiros (os 4 responsables son da familia corviña), e este sábado 26 preparan unha interesante charla sobre o potencial do noso Fútbol costeiro.

O capitán do Muxúa, Michael Vilela, un dos mellores xogadores da Liga da Costa como Vía Rápida do Soneira, un dos xogadores máis épicos do noso fútbol, lenda viva do actual campión da Liga da Costa, Moriño, e o seu porteiro no arco do Camariñas, Pablo Novo compartirán as súas experiencias arredor dun piscolabis. 
Será interesante preguntarlle tamén pola súa vida mariñeira aos dous capis da ría.

A cita, ás 19:30h no camping muxián.

Máis info