Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Un camping con alma de Fútbol da Costa

Campin Lagomar na praia do Lago Muxia
Campin Lagomar na praia do Lago Muxia
Un camping con alma de Fútbol da Costa

Hai vida máis alá do Fútbol da Costa. E se non que llo pregunten a estes 4 xogadores do CF Muxía. Adrián Alcaina Romaní, David Fernández Pérez, Sergio Tarrela Rial e Manu Nogueira, veñen de formar unha cooperativa xuvenil, Horta Creativa, para xestionar a partir de xa do Camping LagoMar.

”A nosa idea é seguir mantendo a esencia que sempre tivo este camping, un lugar familiar e acolledor”, explícan dende a cooperativa. “Temos moitas ilusións postas no proxecto. É moi gratificante poder traballar en algo así no lugar onde vivimos e poñer o noso gran de area para activar e dinamizar a Costa da Morte”, apuntan ilusionados.

Rapaces muxians coa camiseta do Muxia CF

E o proxecto ten visos de triunfar e afianzarse. O camping, situado nunha marabillosa zona, entre piñeiros, xusto enriba da praia do Lago, conta con 12 bungalows, parcelas para tendas de campaña, autocaravana ou furgonetas camperizadas. Conta con pista de tenis, baños, duchas, vaciado de aguas.
Non falta o composteiro para alimentar o invernadoiro onde plantarán produtos da casa.

Durante todo o verán contarán cun bar, aberto a toda a veciñanza da comarca que queira disfrutar dun entorno marabilloso, onde se servirán almorzos, comidas e ceas, ademais das actividades culturais que pretenden realizar. “Queremos funcionar como un espazo cultural, onde conflúa a música, arte en vivo, as charlas en directo e actividades lúdicas relacionadas co entorno”, avisan.

Praia do Lago Muxia co Camping Lago Mar enriba

Inauguración

Así, inivtan a todo o mundo á finde inagural, que van realizar do venres 21 ao domingo 23 de xullo. As artesás Viki Rivadulla, Sonerida, Laura Marte e Carpetaink, estarán traballando en vivo durante os eventos. O venres, a partir das 19:00h haberá pinchos aderezados pola música das Abaladeiras. O sábado toca sesión vermú churrasqueira con Manu Sija, e o domingo, a partir das 13:00h, paella, pola tarde, picadiscos e pola noite sardiñada e queimada.

Camping Lagomar-Finde inaugural

Comentarios