O Fútbol da Costa mantense firme a carón de Manuel Espasandín diante do CTA
Así foi recibido hoxe Manuel Espasandín minutos antes da reunión entre o colectivo costeiro e o Comité Técnico de Árbitros, órgano no marco da Real Federación Galega de Fútbol, pero con decisión propia.
Unha reunión, na que non houbo ningún representante da directiva da RFGF, que comezou ás 20:00 horas e rematou pasadas as 22:30 horas sen ningún acordo. Houbo moita tensión durante esas dúas horas, nas que apenas se avanzou, tralas primeiras queixas polas designacións trala polémica destitución de Manuel Espasandín como subdelegado arbitral.
As diferencias son claras. Na Costa, tanto o colectivo como os familiares dos árbitros menores esixen ao rectificación do Comité Técnico de Árbitros e as volta de Manuel Espasandín.
Pero o CTA traía a súa proposta sen espazo á negociación: como subdelegado arbitral estaría un baiés pero da Delegación de Santiago, Óscar Martínez Santos, que abriría unha nova fórmula de designación arbitral dende fóra da comarca, arbitrando e formando en Santiago.
E para calmar as augas, o ente federativo inventouse un posto para manter a Espasandín só cos máis novos, algo que Espasandín non vai aceptar. A confrontación é tal que polo de agora Óscar tampouco aceptou polo que a situación queda no aire.
Esperemos que este clima de enfrontamento, que tamén pode afectar ao petición do Fútbol da Costa dunha delegación propia, non provoque unha freada nunha subdelegación exemplar, que a base do contacto persoal e diario adestra a máis mozos e mozas tempada tras tempada, todo isto estando presente día tras día, algo que se perdería sen a figura permanente dun subdelegado local.
A firme posición das familias
Estiveron ata o remate da reunión un nutrido grupo de pais de árbitros menores, avalados por máis de 2.000 sinaturas para a readmisión de Manuel Espasandín Romar, "un modelo a seguir, alguén que sempre puxo a súa seguridade por riba de todo", aseguran dende o colectivo de familiares.
Tras unha convocatoria de última hora e unhas reunións cheas —segundo as familias— "de vaguedades e escusas", o presidente do CTA de Galicia, Bernardino González, limitouse invocar unha xenérica "falta de confianza". "Para os pais, isto non é unha explicación: é unha acción arbitraria que esnaquiza as esperanzas dos nenos e deixa desamparada a toda unha comarca", explican
As familias vén agora unha única saída: "acudir a instancias superiores e buscar a protección de Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, para que poida impor o sentido común e resolver de inmediato este conflito", apuntan denunciando ademais "insultos" a unha nai por parte do representante da Delegación da Coruña, Javier González Arévalo.