Queixas tras os primeiros problemas sen subdelegado arbitral

O pasado venres disputábase en Arliña un partido moi especial para a xente de Muxía xa que ademais de poder disfrutar do seu propio equipo, un dos seus maiores talentos da vila da Barca, Raúl Díaz, visitaba o seu pobo natal coa camiseta do Deportivo Xuvenil de División de Honra para enfrontarse aos seus veciños.
Raúl en idade cadete aínda, é unha das xoias da canteira branquiazul e é habitual velo en Arliña animando ao seu Muxía querido. O partido lévouno o Depor Xuvenil por un axustado 2-3.
A aquí, todo normal no que vén sendo un partido amigable onde os dous conxuntos aproveitan para ir probando cousas de cara a tempada que pronto dará comezo.
Pero houbo protestas coa designación do trío arbitral, pois a pesar de que o conxunto local solicitara en tempo e forma a presenza dun trío, finalmente só apareceu en Arliña un colexiado sen asistentes. Grazas á rápida xestión do delegado local Felipe Vilela que, tras contactar con dous asistentes que estaban entre o público e co representante do colectivo arbitral que estaba de garda, aínda que en primeira instancia tratou de "culpar" ao delegado local por non solicitar asistentes, este lle demostrou que a solicitude foi en tempo e forma e que o erro orixinouse moito máis lonxe da Costa da Morte.
Agora o propio delegado muxián solicita que se lle abone aos dous asistentes as contías correspondentes ao partido e que non sexan sancionados xa que ambos mostraron a súa boa fe para solucionar o problema e tanto o conxunto local como o Deportivo da Coruña agradeceron a súa boa predisposición aos dous asistentes sen os cales ambos os equipos non estaban dispostos a xogar.
Este feito non fai máis que probar que a decisión tomada ao redor da figura do subdelegado arbitral Manuel Espasandín é a designación dende a Coruña, é un erro que se debe emendar de maneira intelixente e eficaz e, non fixo falta máis nada que un partido amigable para demostrar que árbitros, pais, clubs e afeccionados ao fútbol costeiro teñen claro que debe pasar hoxe na reunión en Baio para tratar o tema.