FUTFEM: O EF Juan Cabrejo queda sen ascenso e a Esteirana, ao fío do descenso administrativo

As xogadoras da Esteirana nunha das xornadas que só puideron xuntar 10 xogadoras

Malas novas nesta última semana de temporada regular para dous equipos do Fútbol costeiro.

O frustrado ascenso do EF Juan Cabrejo

Esperaba o Camariñas a resolución do seu posible ascenso á 2ª Div. Tras un fantástico temporadón, as camariñás contaban con que o empate na última xornada no Cunchido lles permitiría quedar entre as 4 mellores terceiras dos 6 grupos da categoría, o que lles permitiría lograr o ascenso.

Pero finalmente, por unha décima tras facer o promedio de puntos, as camariñás quedan como5ª mellor terceiras, non obtendo o ascenso.

Deste xeito, as de Cabrejo e Faus volverán competir o curso que vén na Liga da Costa.

A situación da Esteirana

Unha Liga da Costa na que é posible que tamén xogue a Esteirana o curso que vén. As de Fran Figueroa gañáronse a permanencia no campo, a pesar dunha lacra de lesións que provocou que o equipo tivese que suspender un partido, e que tivese que competir en 3 ocasións con 10 xogadoras.

Unha circunstancia que recolle o regulamento como ilegal, e que vén de denunciar o At. Milagrosa. O club lucense necesita a vitoria para meterse no playoff, e decidiron obviar a falta de mala intención do clun costeiro e denunciar ás esteirás para sumar os 3 puntos sen necesidade de disputalos.

Finalmente, as xogadoras blaugranas poderán despedirse no campo, e o partido xogarase este domingo as 12:00h no Xosé Luís Vara. para despedir a temporada. Pero é probable, que se a denuncia do Milagrosa vai adiante, o equipo teña que competir o ano que vén na 3ª Div. do fútbol galego feminino.

 

Máis novas