FUTFEM: Noe Vimi e Noemí analizan a previa da gran final da #CopadaCosta. "A chave está nos nervios"
Este domingo 7 de xuño, ás 18:00h, o Campo de Fontenla (Santa Comba) acolle a gran final da VI Copa da Costa Feminina. O Xallas buscará o seu segundo trofeo en dúas finais (xa gañou en 2024), e en fronte terá a un Cee que chega coas gañas de levantar a súa primeira Copa, despois de ter caído en 2023 ante o potente Bergantiños (que xa non compite nesta competición costeira).
As de Eloy García Fateira e de Rafa Suárez chegan a esta finalísima coa ilusión intacta despois dunha longa temporada de 34 partidos. O Xallas conseguindo unha valiosísima permanencia nunha complicada 1ª García Ulloa; e o Cee rematando nunha cómida 7ª praza na 2ª Div. a pesar de sufrir un ano cheo de baixas importantes.
Ambas chegan en bo momento. E para que nos conten nesta fin de semana previa ao peche do curso na Gala do Fútbol da Costa-QPC, falamos con Noemí Romero, a porteira ceense; e con Noelia García (Noe Vimi), unha das capitanas do Xallas e adestradora do equipo B.
Como chegades a esta final?
- NOEMÍ: Pois chegamos con moitas ganas, ao final é algo que non se vive todos os días. Para algunhas é a primeira, pero para a gran maioría será a súa segunda final, polo que as máis veteranas intentan que todas teñamos a mesma ambición polo partido. Como equipo estamos ilusionadas por chegar a onde creo que moitos non confiaban en que chegaríamos. Polo que a actitude estas últimas semanas no vestiario é moi positiva e con moitas ganas de que sexa xa o domingo. Sabemos que o partido non será fácil, temos un rival duro por diante, pero intentaremos dar o mellor de nos durante os 90 minutos.
- NOE VIMI: Chegamos con muita ilusion e confianza polo traballo que fixemos toda a tempada. Creo que estamos nun bo momento de temporada, fixemos unha boa segunda volta en liga pero tamén somos coñecedoras de que a copa e outra historia. O equipo esta moi motivado, conscientes da importancia do partido e con moitas gañas de competir nunha final que sempre é un premio a todo esforzo e traballo realizado durante todo o ano.
Que baixas tendes?
- NOEMÍ: As que xa se saben. Non poderemos contar con Nai, xogadora clave no campo, nin con Nerea, a capitana e o noso pilar fundamental en diferentes partes do campo. Son baixas que xa sabiamos hai tempo que non poderíamos contar con elas dentro do campo, xa que sebemos que dende fora serán os nosos apoios claves. O equipo vai intentar conseguir o obxectivo por nós, pero tamén por elas.
- NOE VIMI: Temos a baixa de Otero dende xaneiro que sufríu unha lesión de londa duración. O resto estamos todas dispoñibles e desexando que chegue domingo.
Como vedes que o papel de “favoritas” o leve o Xallas?
- NOEMÍ: Creo que o equipo ten os pés na terra dende o primeiro momento e sabemos o lugar que ocupamos nas posibles prediccións do resultado. Penso que ao final, é mais traballo que facer que de imaxinar, xa que dubido que alguén pensara que estaríamos nós na final en lugar do Muxía. Antes do pitido inicial non hai gañador, así que traballaremos por facelo o mellor posible e sacar un resultado positivo do encontro.
- NOE VIMI: Non me gusta falar de favoritas e creo que particularmente as finais non entenden demasiado diso. Estamos ante 90 minutos a todo ou nada, nos que ambos equipos estamos en igualdade de condicións, sabemos que o Cee sabe facernos dano, demostrouno o ano pasado apeándonos da Copa en cuartos de final na nosa casa, sabemos que temos que saír concentradas e facer o que sabemos para sacar o partido adiante.
As chaves do partido
- NOEMÍ: Pois como é unha final, a copa levaraa quen demostre maior templanza no campo e quen xestione mellor os nervios. Penso que vai ser un partido igualado que se resolverá en pequenos detalles. Pola nosa parte non imos baixar os brazos e imos dalo todo por traer a copa a casa.
- NOE VIMI: *Creo quen mellor saiba maneixar os nervios dende un principio ten moito gañado, nunha final hai moitos detalles que poden marcar a diferencia. Será importante manter a concentración durante os 90 minutos, competir cada acción, ser efectivas nas áreas e saber xestionar os momentos do encontro. O equipo que cometa menos erros e aproveite mellor as súas oportunidades terá moito gañado.