martes. 02.06.2026
El tiempo

Eva Lema e Desi, a Pichichi e a Pombo do #FUTFEMdaCosta

Eva Lema e Desi, a Pichichi e a Pombo do #FUTFEMdaCosta
Eva Lema e Desi, a Pichichi e a Pombo do #FUTFEMdaCosta
Eva Lema e Desi, a Pichichi e a Pombo do #FUTFEMdaCosta

Xa queda menos para a XI Gala do Fútbol da Costa-QPC que se vai celebrar o vindeiro venre 12 de agosto en Muros. E se ben a meirande parte dos premiados e premiadas serán escollidos por unha votación que xa temos en marcha, hai 8 persoas que xa teñen gardado un espazo na estantería do salón para o prezado balón da Olería de buño.

6 xas os coñecemos dos Pichichis e Pombos do fútbol masculino. E hoxe, despois de rematar a liga da 2ª Div. e 1ª Div. coñecemos quen son as que levarán os balóns ás súas casas.

Eva Lema, a pichichi

A contabilidade da Pichichi vai sempre por número de tantos, e aí as xogadoras dos equipos de 2ª Div. tiveron máis sorte, ao ter 32 partidos, polo 22 da 3ª. E aí é onde Eva Lema ivo vantaxe, e non a desaproveitou, marcando nada menos que 57 goles que lle valen para levar outro balón para as súas vitrinas, pero non para gañar o pichichi da categoría, pois na última xornada, Rebeca (Tordoia) marcou 5, polos 4 da muxiá, sumando un total de 58.

Por detrás queda unha das relevacións da temporada, Kenny, a soneirá coa súa velocidade rompeu mil defensas anotando 47 goles en só 22 partidos, máis de 2 por partido. Preto quedaron Barca, Rut, Laura Lires, Claudia ou Paula Veiga, que apunta á final da Copa deste domingo.

PICHICHI FUTFEM Goles Partidos
xogados
Media
Eva Lema (Muxía) 57 31 1,838709677
Kenny (Soneira) 47 22 2,136363636
Barca (Muxía) 43 32 1,34375
Rut (Esteirana) 31 30 1,033333333
Laura Lires (Outes) 32 19 1,684210526
Claudia (Corme) 30 31 0,9677419355
Paula Veiga (Cee) 25 20 1,25
Bárbara (Esteirana) 24 29 0,8275862069
Yara (EFJC) 20 22 0,9090909091
Nerea (Zas) 20 23 0,8695652174
Patri Romaní 18 30 0,6
Carla (Outes) 17 19 0,8947368421
Sofia Caamaño (As MIúdas) 17 20 0,85

Desi, a Pombo

O premio á porteira goleada (co nome que lembra ao mítico porteiro cabanés Alex Pombo, finado en 2015) dase por promedio. E aí a cousa estivo moi igualada. Sacando de calculadora, a Premio Pombo 2026 é para Desi. A porteira do EF Juan Cabrejo cumpriu o mínimo número de partidos para a sáu categoría (16) sendo a única que promedia menos dun gol encaixado por partido, dando conta do bo traballo defensivo dun equipo que quedou, por décimas, sen ascenso de categoría.

A loita foi total, porque moi preto quedan Karen do Soneira e Miriam do Cabana, cun tanto por partido. A porteira muxiá Sheila, a cormelá Lucía ou a cerquedá Inés Barcanca completan a zona de porteiras destacadas do curso.

PREMIO POMBO FUTFEM Goles Partidos
xogados
Media
Desi (Camariñas) 16 19 0,8421052632
Karen (Soneira) 18 18 1
Miriam (Cabana) 21 21 1
Sheila (Muxía) 22 21 1,047619048

Máis novas

Comentarios