Interesante xornada de reciclaxe para adestradores na previa da final da Copa da Costa

A iniciativa de QPC, e seguindo a liña formativa aberta nas xornadas de Fisterra (arredor do FUTFEM), en Zas (para adestradores) e Ponteceso (sobre arbitraxe), a RFGF prepara unha xornada de actualización e arbitraxe para adestradores.

A xornada desenvolverase na mañá do próximo domingo 24 de maio en Vimianzo, na previa da gran final da Copa da Costa masculina.

Esta "Xornada de Actualización e Reciclaxe" para adestradores de fútbol contará con catro relatores de primeiro nivel:

Julián Calero, o técnico que acadou o último ascenso a Primeira División co Levante UD
Miguel Figueira, adestrador do RC Deportivo xuvenil
Jacobo Ceide, psicólogo deportivo
Quique Setién, ex adestrador do CD Lugo, Real Betis Balompié ou FC Barcelona
 

A xornada arrincará ás 9.30 horas e rematará ao fío das 14.30 horas.

 

Para asistir a esta "Xornada de Actualización e Reciclaxe" para adestradores de fútbol podes inscribirte AQUÍ.

Ademais, o Comité Galego de Adestradores da RFGF habilita outra ligazón de inscrición para o público en xeral: INSCRÍBETE

 

Máis novas