As Ligas da Costa empezarán o 8 de setembro, mentres os de Preferente xa o farán en agosto
10 de xullo de 2019 (13:46 h.)
A Real Federación Galega de Fútbol anunciaba esta semana o comezo das Ligas federadas para a vindeira campaña. Os primeiros en saltar ao céspede serán os de Preferente, onde volverán competir 20 equipos. Entre eles, o Sofán, o Xallas e máis o Fisterra, que comezarán a Liga o 25 de agosto.
Para o 8 de setembro queda o comezo das 1ª Galicia, 2ª Galicia e 3ª Galicia, ademais das Ligas Galegas, onde volverá competir o Dumbría.
Para as Ligas locais de base farase unha reunión a final de mes na subdelegación de Baio.
Novas relacionadas
- 23 equipos estrearán adestrador.
- O Fútbol da Costa terá 4 equipos no FútFem a vindeira temporada.
- Directivas: Gurita propón a súa candidatura para presidir o Malpica; O Camelle, ao borde da desaparición.
- O Fútbol da Costa pechou o curso 18/19 na VI Gala QPC.