Venres. 19.07.2019
El tiempo

23 equipos estrearán adestrador

Algúns dos novos Adestradores para esta campaña
Algúns dos novos Adestradores para esta campaña
23 equipos estrearán adestrador

Aínda sen tempo a pechar a temporada na Gale do Fútbol da Costa - QPC celebrada este pasado venres en Dumbría, o baile de adestradores xa está en marcha.

Fantástico é ver as redes socias dos equipos da volta fervendo coas fichaxes e as renovacións, dando conta da importancia que ten a rede xa para o noso fútbol. Uns movementos que compartimos no noso Facebook “Fútbol da Costa”.

A día de hoxe xa son 15 os novos adestradores confirmados, pero se albiscan que a cifra de novos inquilinos pode chegar a 23 dos 36 equipos. Por agora temos ata 13 renovacións aseguradas, como a de Ángel López (Fisterra), Sil (Volantes), Pedro Gómez e Pichón (Soneira), Pablo Torreira (Baio), Geno (Esteirana), Míchel (Cerqueda), Varela (Porteño), Da Silva (Seaia), Julio Vila (Ameixenda), Miguel Ramos (Outes), Berto (Camariñas), Vicente (As Baleas)…

Movementos en Preferente e 1ª

  • Alberto López (Arteixo, 1989) será o novo adestrador da SD Sofán. Ao seu lado manterase como 2º adestrador Marco López “Cantudo”.
  • Adrián Lema, coa axuda de Pablo Pose, formará no banco do Xallas de Preferente. Gran salto á Preferente do adestrador carballés despois de afianzar ao Muxía na Liga da Costa. A nova presidenta xalleira Beatriz Velo presentou a dupla a semana pasada.
  • Dani Suárez Mayo, “Chicho”, adestrará ao Mazaricos. O adestrador da Serra vén de levar ao Noia Xuvenil a levantar a Copa do Sar.
  • Pablo Conde será o adestrador do Dumbría para a vindeira temporada. Boa aposta pola xente da casa do cadro dumbriés, pois Conde é alma do club despois de adestrar en todas as categorías base e ser xogador durante moitos anos.

Movementos na Liga da Costa

  • Ángel Pérez deixa o banco do Corme, que comezará a buscar substituto despois do Percebe. Parece que este verán chegarán importantes reforzos ao cadro cormelán, como a volta de Brais.
  • Diego Lobelos e Óscar Leis, a Doble L volve xuntarse nos banquiiños, e faino no de Arliña, á fronte do novo proxecto do Muxía.
  • Santi Cambón será o adestrador do San Lorenzo de Verdillo.
  • José Barca, despois dunha temporada como adestrador do Tordoia e media en Zas, ocupará o banco do Baíñas, que ademais ten de novo como presidente a Juan Silva.
  • Gurita seguirá ao mando do Malpica, mentres o novo presidente é Jesús Vila Varela.
  • O banquiño do Buño depende da nova directiva.
  • Pablo Mallón será o adestrador do Ponteceso.
  • Juan Rey farase cargo do Lira.
  • Felipe Candamo volve ao Muros.
  • O Zas presentou onte a noite a Raúl Periscal como primeiro adestrador, acompañado por David Velo.
  • O adestrador xalleiro Rafa Suárez volve aos bancos, e farao dirixindo ao U.C. Cee, club do que xa é parte intrínseca.
  • Juni será o adestrador da SD Coristanco, despois de que Eloy Calvo, nominado a Mellor Adestrador despois da grandísima temporada realizada no Coristanco, anunciase que se toma un ano de descanso para levantar o seu proxecto profesional de nutrición deportiva. 
  • Fernando e Pablo Rodríguez deixan o Cabana sénior na Liga da Costa. O club espera manter xente da casa no primeiro equipo.
  • O Castriz, anunciou a fichaxe de Miguel Chouza, ata agora segundo adestrador do Puebla, coñecido nas redes sociais branquiazuis como @cochomono.

Movementos en 3ª

Aínda hai poucos movementos na 3ª costeira, con varias renovacións aseguradas, pero se ben algúns anunciarán esta semana como Nantón, Laxe… outros viven pendentes da renovación da directiva como o Camelle

  • Juan Porrúa, mítico porteiro do Dumbría entre outros, será o adestrador do Monte Louro.
  • Fachal, ex do Baio, será o adestrador do Nantón, despois que Carlos Margarida xa tivera que deixar paso a Carlos Vidal por motivos laborais dende o pasado mes de decembro.
  • O Laxe anunciará estes días.
  • Por Corcubión, ata que pase o Mercado Medieval non deciden, habitualmente.

Novas relacionadas

Comentarios