Xoves. 21.11.2019
El tiempo

O Fútbol da Costa pechou o curso 18/19 na VI Gala QPC

30 foron os premios que se entregaron na VI Gala do Fútbol da Costa - QPC, en colaboración do Concello de Dumbría e a Real Federación Galega de Fútbol.

Foto de familia dos premiados na Gala do Fútbol da Costa - QPC 2019-Fotos de David Castro
Foto de familia dos premiados na Gala do Fútbol da Costa - QPC 2019-Fotos de David Castro
O Fútbol da Costa pechou o curso 18/19 na VI Gala QPC

A Casa da Cultura de Olveira acolleu o broche á temporada 2018/2019, nun evento que serve de punto de encontro de todo o Fútbol costeiro (así o demostran as máis de 200 encheron o auditorio), e demostra o poder vertebrador do deporte na nosa bisbarra.

Foi unha Gala moi dinámica, conducida, coma sempre, por Fran Hermida, e amenizada polo humorista esteiran Víctor Fábregas (aquí embaixo), que tirou das súas propias anécdotas sobre os aqueles campos da súa época, ata para vincular o Fútbol costeiro co fútbol inglés.

Fran Hermida dirixiu a Gala do Futbol da Costa 2019

Victor Fabregas amenizou a Gala do Futbol da Cposta 2019
Ateigada a Casa da Cultura de Olveira

A SD Fisterra (nesta foto inferior) foi a gran triunfadora da noite, vencendo 7 dos grandes Balóns de Buño, que máis de 130 persoas escolleron cos seus votos. Alí estiveron para celebralo os Rapacollóns Big Band que trasladaron o campo de Ara Solis á Casa dumbriesa para despedir a Gala dunha demostración do poder da súa batukada.

Familia da SD Fisterra gran triunfadora da Gala do Futbol da COsta QPC 2019

O Baio, con 4 galardóns, o Corme, o Mazaricos, o Coristanco, ou As Miúdas levaron premios por partida doble.

A gala, chea de tensión para os arredor 60 Nominados aos Premios, foi debullando os mellores do curso. As caras de felicidade dos escollidos no escenario confrontábanse cos que quedaron ás portas da gloria.

Os Grandes Premios

11 ideal da Gala do Futbol da Costa QPC 2019
Tremendo Premio Calvo ao 11 ideal

Despois dunha apretada votación no Premio Calvo ao 11 ideal, quedou tremendo equipo, con Diego Mallo (Coristanco) na portería, unha defensa formada por Aarón Fernández (Soneira), Breixo (Fisterra) e Antonio (Sofán); un medio campo con Aarón López (Fisterra), Lucas (Corme), Pesco (Volantes) e Bieito (Baio), e un tridente arriba con Alejo (Corme), MC (Baio) e Adrián Makaay (Fisterra). Foi o presidente da RFGF Rafael Louzán o que fixo entrega dos premios.

A Gala incluíu 3 premios ao Fútbol Feminino. A familia da Vidú quixo facer entrega dos seus premios ás mellores xogadoras tanto das Miúdas como do Bergantiños Feminino, que recaeron en Antía Rey, a capi muradá; e Mery Insua, a pichichi carballesa, que non puido acodir por estar de vacacións, tendo que ser Noe Amarelle a que recolleu o premio no seu nome.
Mentres, o Premio Aluminios Dumbría ao Mellor equipo de FutFem e FSF, que saíu da votación global, quedou de non en Muros, na familia das Miúdas. Víctor Trillo fixo entrega do premio.

Martin Varela da Vidu entregando os premios As Miudas e Berantinos
Martín Varela entregando os Premios Vidú con Antía Rey e Noe Amarelle

Emotiva foi a homenaxe arbitral. Vítor Recarei expuxo un ano máis toda a dedicación do colectivo para mellorar o Fútbol Costeiro, e deu pé a un inesperado detalle ao asesor Jesús España, un dos veteranos que se xubila este ano e que se emocionou sobre o escenario. Foron os propios colexiados os que queren recoñecer a labor de varios dos seus membros, e o escollido ao Premio Saunier Duval ao Árbitro do Ano foi Adrián Pérez Rellán. Ademais o Premio Saunier Duval ao Delegado do Ano, escollido tamén polos colexiados, foi para Emilio Carreira, tamén presi do Mazaricos, por diante de Estrella (Fisterra) e Carlos Vidal (Nantón).

Detalle do colectivo arbitral con Jesus Espana
Vítor Recarei con Jes´us España, e ese detalle do colectivo arbitral co veterano asesor.

A novidade do curso, o Premio Río Sil ao Mellor Xogador de Veteranos, recaeu, tras unha votación coordinada por Modesto Parga entre os propios clubs, en Braulio (Zas).

O Premio Bristol á Mellor Directiva recaeu, unha vez máis, na SD Sofán. Ricardo Serrano recolleu o premio a mans de Antonio Varela

O Premio Máis Deporte á Mellor Afección tiña poucas dúbidas este ano. Despois do recoñecemento a nivel galego, os votos da Costa tamén outorgaron o galardón á Afección da SD Fisterra. Juan Jesús, presi fisterrán e xerente de Máis Deporte, entregoulle, orgulloso, o premio ao gran Bebeto, alma dos Rapacollóns.

O Premio Fútbol Táctico ao Mellor Adestrador foi para… Pablo Torreira, adestrador do Baio. Foi Iván Cancela, actual presidente do Comité Galego de Adestradores, e amigo da familia de Fútbol Táctico, o que fixo entrega do premio.

O Premio La Pitusa ao Mellor Equipo tamén caeu na SD Fisterra.

O momento máis esperado da noite tamén sempre é a escolleita do Premio O Semáforo de Fisterra ao Mellor Xogador. Este ano houbo poudas dúbidas e o fisterrán Adrián Makaay levou un trofeo que xa ten repe. Foi Silvia Cancela, a directiva xalleira da RFGF, a que lle fixo entrega do último premio da gala antes da foto de familia dos gañadores con Víctor Fábregas.

Premios especiais da Gala 2019

 

Elduayen e Adrian o fillo de Alex POmbo entregando o Premio Pombo a Ivan Bouzon
Elduayen e Adrián, o fillo de Álex Pombo, facendo entrega a Iván Bouzón do Premio Pombo da Costa

Iván Bouzón e MC, foron o Premio Pombo e Pichichi da 1ª e Preferente. Iván Couto, de Roberto Mouro Reale Seguros, fixo entrega do premio do pichichi, mentres que Adrián, o fillo do homenaxeado con estes premios, Alex Pombo, fixo entrega do premio a Bouzón nun dos momentos da noite.
Tamén Elduayen, en nome da Escola de Porteiros Nordés, subiu para facer entrega dos Premio Pombo do Fútbol da Costa Miguel e Diego Mallo, os  Sebas e Alejo os Pichichis. Só Alejo non puido estar, e foi o seu herdeiro, Samuel, o que recolleu o trofeo, a mans de Ángel Garrido, de Vitureira Bouzas. Sebas recibiu o premio de mans de Esteban Blanco; Diego Mayo fíxoo a mans de Isma de Dumbría, en nome de DAFIT, e Roberto Lema, na man de Keltoi Viravento Servizos, fixo entrega a un compañeiro mazaricán de Miguel, que se recupera dunha recente lesión do tendón de aquiles.

O Cabana foi escollido pola familia de QPC como Premio Especial Abdoulaye ao Fútbol Base. O presidente cabanés, Míchel, recibiu o balón de Buño a mans de Manolo Corredoira, delegado da Federación na Coruña e na Costa.

En clave de canteira, o fútbol costeiro volveu escoller ao Dumbría como o Premio Autocares J. Pombo ao Mellor Equipo de Base. José Ramón Pombo entregou o galardón.

Sofán-Aspaber, a Premio Clínica O Burgo Carballo á Acción Máis Deportiva. O presidente da SD Ricardo Serramo e a xerente de Aspaber, Dolores Fernández Garcia, recolleron o premio a mans de Antonio Ares.

Suso, o eterno capitán do Dumbría, o Premio Histórico Senra Sport. Manolo López e Iván Pequeño recibiron o trofeo no seu nome pois estaba de vacacións, e foi Doro, que tantas veces subiu a recibir estes premios, o que o entregou en nome de Senra Sport.

Patrocinadores

A familia de QPC non pode máis que agradecer a todo o elenco de patrocinadores que fan posible esta gala: Calvo, Bristol, Fútbol Táctico, O Semáforo de Fisterra, La Pitusa. Máis Deporte Río Sil, Aluminios Dumbría, Saunier Duval, Clinica Burgo Carballo, Autocares J. Pombo, Senra Sport, Roberto Mouro-Reale Zas, Vitureira Bouzas, Esteban Blanco, Keltoi Viravento Servizos, DAFIT e Escuela Nordés.

Cartel Gala Futbol da Costa 2019 960

Repaso das Galas

Comentarios