As Ligas Xuvenil, Cadete e Infantil xa teñen calendarios

A plataforma www.futboldacosta.com conta coa colaboración da Estación de Servizo Bazarra e de Agencia Reale Seguros Roberto Mouro Baio-Zas-Santa Comba
  • 8 clubs presentan equipos nas 3 categorías.
  • 3 Concellos colaboran asumindo as Escolas Deportivas ata cadetes.
  • Todas as ligas en www.futboldacosta.com.

Xa temos os calendarios das Ligas de Fútbol Base da Costa. Tralas baixas de última hora de varios equipos (Camariñas en xuvenís e Cabana e Corme en cadetes), a RFGF xa ten o plan competicional en marcha cunhas fermosas ligas unificadas, que darán conta de bos derbis en todas as categorías.

Arrinca primeiro, o 17 de setembro, a liga Infantil (que ten 18 equipos) e a Xuvenil (con 15) e faino a tope con tres dobles xornadas semanais polas pontes de outubro, novembro e decembro. Os Cadetes (con 13 equipos) comezan o 25 deste mes.
Xuvenís e Cadetes rematarán a liga regular a primeira fin de semana de abril, pero a longa liga infantil durará ata finais dese mes.

Só o primeiro de cada categoría se meterá no playoff de ascenso á Liga Galega.

8 clubs nas 3 categorías

Cómpre poñer en valor as axudas dos Concellos coas Escolas de Carnota, Camariñas ou Vimianzo.

Ademais, valorar os 8 clins que sacan equipo nas 3 categorías:

  • CF Dumbría (cos xuvenís e cadetes en liga Galega).
  • ED Os Miúdos.
  • SD Fisterra.
  • UD Cerqueda.
  • SD Ponteceso.
  • Outes FC.
  • SD Sofán.
  • UC Cee.
 

Todas as ligas en www.futboldacosta.com.